Ribadeo, 7 de abril de 2020. O Concello adquiriu 12.000 quilos de alimentos non perecedoiros para repartir entre as familias con menos recursos de Ribadeo. A concelleira de Servizos Sociais, Mónica Freire Rancaño, lembrou que este reparto se fai durante todo o ano, aínda que agora se reforzou como consecuencia do estado de alarma que estamos a vivir.
A edil ribadense explicou que “de maneira simultánea e complementaria ao programa de vales desde o Concello seguimos a facer o reparto de produtos non perecedoiros entre todas aquelas persoas con menos recursos. Este reparto realizámolo durante todo o ano, mais como consecuencia da situación de alarma vimos de reforzalo nas pasadas semanas, coa adquisición de máis de 12.000 quilos de alimentos. Son produtos básicos, non perecedoiros, con caducidades longas, tales como aceite, pasta, arroz, cereais, azucre,… E tamén alimentos específicos como potitos para bebés e leite de continuación”.
Monica Freire referiuse tamén ao programa de vales do Concello ribadense: “o programa de vales de 50 euros para canxear por comida e produtos de aseo persoal está implementado desde a Área de Servizos Sociais do Concello de Ribadeo, funciona desde o pasado 25 de marzo, está destinado a aquelas persoas que se atopen en situación de vulnerabilidade, con ingresos económicos insuficientes ou que teñan calquera outra circunstancia sobrevida desta situación de alarma. O que teñen que facer é chamar ao teléfono de Servizos Sociais para que esa situación sexa valorada polos técnicos municipais e se entran dentro das circunstancias contempladas nesta orde da axuda proporcionarémoslles ese vale de 50 euros semanais, se a familia ten 3 ou máis membros, ou quincenais, para familias de 2 ou menos membros. Os vales son para canxear por alimentos frescos e produtos de aseo persoal e poden facelo en calquera dos 4 supermercados que están adheridos ao programa, que son o Eroski Center, o hipermercado Eroski, Día e Gadis, así como tamén nos distintos postos da praza de abastos da vila”.
A concelleira de Servizos Sociais subliñou que “logo de dúas semanas de funcionamento deste programa de vales estamos dando apoio a máis de 450 persoas a través de 150 cheques de 50 euros, dos que a maioría teñen unha frecuencia semanal”.
Mónica Freire engadiu que “o obxectivo que perseguimos desde o Concello de Ribadeo con este programa é que as persoas con menos recursos poidan ter garantida unha alimentación equilibrada e suficiente. Esta situación excepcional que estamos a vivir supón para moitas persoas que xa estaban nunhas circunstancias moi difíciles que aínda teñan máis complicado acceder a alimentos básicos e a produtos de aseo persoal”.
A edil ribadense considera que “desde as administracións temos a obriga de que ningunha persoa quede desasistida e todos os esforzos que poidamos facer neste sentido ben feitos estarán. A atención ás persoas, e máis a aquelas vulnerables, é prioritaria para nós. E con esta premisa estamos a traballar desde o Concello”.





















A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.
O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.



