Lugo, 11 de abril de 2020. A Xunta de Galicia reforzou o Servizo de Axuda no Fogar (SAF) na provincia de Lugo con 113.000 horas máis ao mes para a atención das persoas con necesidades asistenciais. O Goberno galego asume o importe que pagaba habitualmente o usuario, polo que non suporá ningún gasto para este.
No conxunto de Galicia, o Goberno galego reforzará este servizo coa asignación de 500.000 novas horas de coidado a domicilio ao mes. Unha medida que supón un investimento de 6 millóns de euros ao mes e estenderase durante o tempo que dure a situación de emerxencia sanitaria e de estado de alarma. O obxectivo é proporcionar unha atención profesional a todas aquelas persoas que non eran usuarias do Servizo de Axuda no Fogar, pero poidan precisar a atención nesta situación excepcional.
Neste sentido, priorizaranse os casos máis urxentes detectados polo Programa de Asignación de Recursos, así como as persoas usuarias de centro de día, servizo que desde a declaración de emerxencia sanitaria permanece pechado. Así mesmo, tamén se terán en conta aquelas persoas cunha solicitude de dependencia rexistrada e pendente de ser valorada.
Estas novas horas de axuda no fogar poranse á disposición dos concellos para asignalas a aqueles casos que sexan considerados máis urxentes polo servizos sociais municipais. Na provincia da Coruña asignaranse 196.000 horas de servizo, na de Lugo 113.000, en Ourense 69.000 e en Pontevedra 122.000.
Plan de continxencia
A implantación deste SAF extraordinario é unha das medidas que forman parte do Plan social de continxencia aprobado polo Consello da Xunta para dar resposta ás consecuencias que ten a emerxencia sanitaria provocada polo coronavirus nos colectivos de poboación máis vulnerables, como é o caso das persoas dependentes.
Dentro deste Plan inclúense outras medidas. A primeira consistiu na posta en marcha, desde a semana pasada, dun sistema de seguimento telefónico diario para as 14.400 persoas maiores ou con discapacidade que son usuarias dun centro de día ou ocupacional e que nestes momentos están nas súas casas debido á suspensión da actividade nestes centros.
Ademais, ás persoas que o necesitan repárteselle 900 menús semanais nos seus domicilios. A segunda medida foi a entrada en servizo do teléfono social (900 400 800) para complementar o que xa existe para resolver as dúbidas relacionadas co coronavirus. Neste teléfono aténdese a persoas con dúbidas básicas da vida cotiá nesta situación, persoas que necesiten conversa ou acompañamento, persoas que precisen atención psicolóxica
especializada e persoas que estean nunha situación de necesidade ou especial vulnerabilidade. Desde a súa posta en marcha este teléfono xa atendeu máis de 700 chamadas.
A terceira das medidas é a posta en marcha dun un correo electrónico para a detección rápida de situacións de risco, atencionsocialemerxencia@xunta.gal, e para resolvelas da
man cos servizos sociais de base. En cuarto lugar, conxuntamente coa Consellería de Educación, o Goberno galego aprobou unha axuda económica para as nenas e nenos que dispuñan dunha bolsa de comedor na súa escola infantil, colexio ou instituto, das que se beneficiarán máis de 51.000 fogares galegos.
Así mesmo, fíxose unha exención das cotas das escolas infantís, centros de día e ocupacionais con financiamento público (públicos, de iniciativa social e concertados) para a metade do mes de marzo, que serán compensados, e todo o mes de abril, que non se cobrarán. E por último, aprobouse a maior orde de axudas da historia de Galicia destinada ás entidades sociais de inclusión social, por un importe de 18,3 millóns de euros.



















Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



