Xove, 14 de abril, 2020. Co fin de asegurar a continuidade e adherencia aos tratamentos e como medida excepcional ante o estado de alarma, o Concello de Xove pon a disposición das persoas maiores, persoas en situación de risco, vulnerabilidade ou con movilidade reducida do municipio, o servizo de entrega a domicilio de medicamentos con receta médica, evitando así os desprazamentos e o risco de contacto na poboación máis vulnerable. Para solicitar este servizo, as persoas interesadas deberán chamar directamente ao concello (Tlfono: 982 59 20 01), e dar os seus datos persoais, dirección e número da tarxeta sanitaria.
O Departamento de Servizos Sociais do Concello de Xove, como servizo esencial, neste momento de alerta polo COVID-19, está a facer un grande esforzo para dar cobertura, na maior brevidade posible, a todas as demandas que están a chegar.
Con relación ao Servizo de Axuda no Fogar tomáronse todas as medidas preventivas co fin de minimizar os posibles riscos de contaxio na población de terceira idade do Concello de Xove. Estase atendendo a un total de 60 familias con diferentes problemáticas; persoas que viven soas e carecen de apoio, persoas con discapacidade, persoas dependentes, etc.
Ademais, dende a entrada no estado de alerta, fixéronse dous repartos de alimentos (frescos e non perecederos) ás familias con maiores necesidades, asistindo a un total de 25 familias.
Tamén puxemos en marcha o proxecto “Coas nosas cores buscamos o teu sorriso” para animar a toda esa xente que está velando por nós, nos hospitais e nos centros residenciais galegos, ata as persoas enfermas e maiores que neste momento se encontran illadas e que están a pasar momentos moi duros sen poder recibir as visitas dos seus seres queridos.
Polo tanto continuamos animando a todos/as os/as nenos/as e rapaces e rapazas a que sigan enviando os seus debuxos, mensaxes, cartas,…. para poder chegar ao maior número de xente. Sen vós non sería posible!!
Temos habiltado o seguinte correo electrónico sevicios.sociales@xove.es, así como o teléfono 982592001, nos que estamos a atender todas as demandas e consultas, ademáis de ofrecelos como medios de información, asesoramento e resolución de todas as dúbidas e problemas que poidas xurdir nestes días aos nosos/as veciños/as.






















A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.



