XOVE .- Esta Exposición fotográfica, que durante o pasado ano primeiro estivo exposta no Centro Cívico e despois xirou polos distintos centros sociais municipais, pasando tamén este ano polo Centro Comarcal da Mariña Occidental en Viveiro, vai poder verse no Centro Social de Palmeiro na parroquia de A Rigueira dende hoxe 21 de abril ata o vindeiro domingo 2 de maio.
En teoría esta exposición xa tería que haber estado o pasado ano no Centro Social de Palmeiro, pero, debido a unha serie de circunstancias, o Centro estivo pechado e non se puIdo facer alí a exposición. Hai uns dias o Centro Social abriu de novo as súas portas, de aí que xurdiu a oportunidade de montala alí.
Os 13 fotógrafos que participan nesta Exposición, son: Felipe Abad, José Manuel Blanco, Míriam Bermúdez, Santos Cordovilla, Alberto Rapa, Juan Antonio Fernández, Mateo Guerreiro, María Elena Fernández, Andrea Castro, Ana Isabel Lage, Andrés García, Eduardo Basanta e Carlos Montero.
O horario da mesma vai ser o de apertura do Centro, de 10:00 a 23:00 horas, de martes a domingo, estando o luns pechada.
A temática da exposición é libre, inda que o que predomina son paisaxes.
As fotografías están en formato 40X50, realizadas en papel fotográfico máis “foam” (unha especie de cartón pluma). O deseño do cartel da Exposición o realizou Ana Isabel Lage e o deseño da presentación das fotografías foi realizado por Miriam Bermúdez, ambas fotógrafas participantes na mesma
Esta Exposición “Xove 360º” xurdiu no ano 2008 por unha iniciativa da Concelleira de Cultura Dolores Meitín, polo que esta que se vai expor en Palmeiro correspondería á segunda edición, ou sexa, á de 2.009.
Para rematar, dicir que o Concello está a traballar na terceira edición de Xove 360º, edición deste ano 2010, a cal está previsto estrear nas Festas Patronais de Xove.







Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
A Garda Civil de Burela tomou declaración este 10 de xuño a unha representante do departamento en liña de Porcelana de Sargadelos, que denunciou unha estafa na que se emprega a imaxe da empresa para enganar clientes. Segundo explicou, desde finais de abril están a aparecer páxinas web falsas con descontos do 80% e perfís fraudulentos en redes sociais como Instagram, TikTok e Facebook, a través dos que varios usuarios xa foron estafados. A compañía presentou denuncias contra distintos dominios e contas, das que só unha continúa activa, e achegou tamén os rexistros da marca e as comunicacións realizadas ante Meta. A denuncia foi formalizada no cuartel da Garda Civil de Burela, onde quedou incorporada ás dilixencias abertas polo corpo.
O deputado galego Francisco Millán Mon explicoulles o día a día da súa actividade nesta cámara e a importancia da Unión Europea para Galicia e viceversa. Desde a dirección do centro agradecen “a súa exposición e o trato dispensado ao alumnado e profesorado desprazado a Bruxelas”. Neste 2026 cúmprense 40 anos da adhesión de España á Comunidade Económica Europea, así se denominaba naquel momento. O IES de Ribadeo é Escola Mentora do Programa Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo.
Foi unha xornada máxica na que a música e a convivencia se deron a man nunha contorna única. Os instrumentos de corda encheron de melodías os xardíns do centro, creando unha atmosfera especial que emocionou ao público asistente e puxo en valor o talento e a ilusión da mocidade. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non quixo perderse esta cita tan especial e desfrutou da tarde xunto ás persoas usuarias, e o persoal do centro. Durante o encontro, agradeceu o convite e felicitou á organización por promover actividades que fomentan a cultura, a inclusión e os espazos de encontro entre a veciñanza.
A mostra, aberta na sala de exposicións do Auditorio Municipal de luns a venres entre as 18:00 e as 22:00 horas, reúne preto de 30 obras de artistas emerxentes e consolidados, ofrecendo diversas miradas sobre a paisaxe, a identidade, a memoria e a realidade contemporánea. A alcaldesa, Marta Rouco, destacou o valor de que Vilalba forme parte desta programación compartida e o impacto positivo que supón para a actividade cultural local.



