Lugo, a 17 de abril de 2020. O portavoz popular na Deputación, Javier Castiñeira, prosigue a súa rolda de contactos con representantes dos distintos sectores produtivos na provincia, para coñecer en que situación se atopan e cales son os problemas aos que se enfrontan como consecuencia da crise sanitaria provocada polo coronavirus Covid-19. Tras os contactos telefónicos mantidos con empresarios dos sector forestal, o grupo provincial popular decidiu remitir unha comunicación á Subdelegación do Goberno co fin de expoñer algúns dos problemas aos que se enfrontan as empresas madeireiras para desenvolver o seu traballo e co fin de que se autoricen os desprazamentos dos propietarios das árbores para marcaxe, inicio e control das cortas.
Javier Castiñeira destaca que un dos problemas aos que se enfrontan as empresas do sector forestal é que os propietarios das árbores están confinados e non poden desprazarse ata os terreos nos que se teñen que levar a cabo as cortas, para marcaxe, inicio e control das mesmas, que é unha medida habitual nas relacións entre os donos das fincas e as empresas. Deste xeito estase paralizando en moitos casos o traballo previsto. Esta situación, segundo indicaron en medios empresarias ao portavoz popular na Deputación, pode provocar, senón está provocando xa, desabastecemento de eucalipto para pasta de papel, o cal pode ter unha incidencia moi negativa na fabricación dun produto tan demandando na actual conxuntura como son as mascarillas sanitarias. Castiñeira recorda que A Mariña lucense é a gran subministradora de eucalipto para Ence en Navia e Pontevedra. Polo tanto, o PP solicita que se concedan autorizacións para os desprazamentos dos propietarios das árobres, tendo en conta os permisos xa preceptivos como son as autorizacións para o inicio das cortas que se levan a cabo nos distritos forestais.
En canto ao sector que se dedica principalmente ao pino, o problema deriva da paralización da industria de transformación da madeira. Tamén neste caso se da o problema da imposibilidade do desprazamento dos propietarios das árbores ao terreos nos que se ten que levar a cabo a corta, pero o problema é especialmente grave pola caída da demanda de madeira de pino para transformación.
Entre os problemas que se viven neste momento nas empresas relacionados coa madeira hai que sinalar o dos serradoiros, moitos dos cales están xa nunha situación límite por falta de traballo. É un problema que afecta de modo moi destacado ao rural lucense.
Á vista deste estado de cousas, o portavoz provincial do PP, Javier Castiñeira, enviou esta mañá unha comunicación á Subdelegación do Goberno, co fin de que o Goberno estude a problemática exposta e tramite algunha solución que alivie a presión que a crise sanitaria exerce sobre as empresas do sector forestal. Igualmente, destacou a necesidade de que o presidente da Deputación convoque á xunta de portavoces e constitúa, como ten solicitado o PP, unha mesa multisectorial de traballo para abordar medidas para facer fronte á difícil situación económica derivada da crise sanitaria.

















A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.
O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.



