Mondoñedo, 18 de abril de 2020. O Concello mindoniense, no marco da crise sanitaria provocada polo coronavirus, centra o seu traballo en, por un lado, axudar de todos os xeitos posibles aos veciños a superar esta difícil conxuntura, e, por outro, en deseñar e preparar a volta á normalidade tendo en conta as especiais circunstancias que se derivarán da loita contra o Covid-19. Un dos campos nos que traballa o goberno municipal, pensando no futuro a corto e medio prazo, é o do turismo.
O goberno municipal ten moi claro que, neste momento, o prioritario é dedicar canto traballo faga falta e cantos recursos hai dispoñibles a facer fronte á crise sanitaria, a axudar aos veciños a saír desta difícil situación. No equipo de goberno mindoniense sinalan que, ao mesmo tempo, traballan para preparar o día seguinte ao confinamento.
Pensando en que a economía no municipio de Mondoñedo sufra o menor deterioro e que se recupere coa maior rapidez posible, o goberno municipal prepara un plan de reactivación, que, coa adecuada coordinación entre todas as partes, resulte eficaz e sirva de estímulo para os distintos sectores. Nese sentido, o Concello de Mondoñedo traballa no deseño dun programa de actividades e de captación do turismo de proximidade para aplicar tan pronto como finalice o confinamento.
O Concello perfila o plan de turismo en coordinación coas redes nas que participa, como é o caso de Los Pueblos más Bonitos de España, así como a Rede de Cidades Creativas de España. O Concello ten moi presente tamén a consideración de A Mariña como xeodestino e as oportunidades que ofrece o Camiño Norte.
O goberno municipal mindoniense está convencido de que a volta á normalidade implicará cambios nos usos turísticos, entre eles os relacionados coa seguridade sanitaria, no que resultará fundamental que non se trate dun turismo de masas. Esta é unha das fortalezas de Mondoñedo de cara ao turismo. Neste sentido recordan que o Camiño Norte nunca foi unha vía xacobea masificada.
No deseño das actividades, o Concello de Mondoñedo fará que o seu desenvolvemento se axuste estritamente ás indicacións e recomendacións das autoridades sanitarias.
Exención de taxas
No marco das medidas para superar a crise no aspecto económico, o Concello establecerá exencións nas taxas por recollida de lixo e instalación de terrazas durante un tempo para axudar á reactivación.























A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



