Burela, 24 de abril de 2020. Dende a asociación de veciños “O Vencello” de Burela agardamos que a reunión do pasado mércores entre responsables da ACIA e o Goberno local sirva para materializar por fin axudas ao tecido comercial e empresarial da nosa vila tralo peche de actividade derivado da crise do COVID-19. Creemos que a devandita reunión tiña que terse realizado hai xa varias semanas e que os nosos responsables municipais adoeceron de axilidade á hora de acometer esta crise, pero aínda así valoramos
positivamente o anuncio do alcalde de que o Concello artellará liñas de axuda nos vindeiros orzamentos municipais para tal fin.
Ao mesmo tempo creemos que, ademais de artellar axudas para o comercio local, a Corporación municipal debe tamén adoptar outra serie acordos de cara a rebaixar a presión fiscal dos veciños deste municipio.
Neste sentido vimos de presentar un escrito hai uns días no rexistro municipal solicitándolle á Corporación a inmediata rebaixa dos custes e das esixencias administrativas para tramitar algunhas taxas municipais, coma a referida a ocupación de vía pública con materiais destinados á construción (andamiaxes, colectores de entullos, etc…). Consideramos que os trámites esixidos dende o Concello son abusivos e claramente discriminatorios en comparación con outros municipios veciños da comarca.
Así por exemplo, o propietario dunha vivenda que necesite ocupar durante unha xornada de traballo 8 metros de beirarrúa para acometer a limpeza dos canalóns da súa casa en Burela vese na obriga de ter que pagar por oito días de ocupación (é o mínimo de días fixados por este concello para poder conceder o permiso). Ademais, tamén ten que presentar un Estudo Básico de Seguridade e Saúde firmado por un técnico acreditado; mentres que en concellos coma Foz, Viveiro, Cervo ou Xove esta mesma taxa está estipulada por días e non é necesario presentar dito estudo técnico.
Deste xeito, o Concello de Burela cobra unha taxa de ocupación de 218€ pola ocupación da vía durante unha xornada; mentres que o de Foz so cobra 1,20€ e Viveiro 2,40€ (por poñer algúns exemplos).
Como dicimos, esta diferencia tan esaxerada débese fundamentalmente a que a tramitación deste permiso no Concello de Burela exixe a presentación dun Estudio Básico de Seguridade e Saúde firmado por un técnico (150€+IVA aprox.) mentres que nos outros concellos non é preciso este documento; pero aínda eliminando o devandito estudo técnico, a taxa en Burela sigue sendo claramente superior á de Foz ou Viveiro, xa que en Burela é obrigatorio solicitala por un tempo mínimo de oito días.
Este é so un exemplo da presión fiscal que teñen que soportar todos os veciños de Burela (autónomos, empresarios, asalariados… todos) e tralo acontecido coa paralización da economía pola pandemia do coronavirus creemos que vai ser inasumible. Por iso, solicitamos á Corporación municipal que traballen en artellar mecanismos legais que permitan a rebaixa das taxas e impostos municipais para o conxunto dos veciños e veciñas de Burela e que materialicen esas medidas no vindeiro Pleno de aprobación dos orzamentos previsto para maio.
Plenos en streaming
Por outra banda, valoramos tamén positivamente o anuncio do alcalde de que o pleno municipal do xoves vai ser transmitido en aberto vía streaming. Do mesmo xeito, desexamos que a partir de agora os vindeiros plenos sexan tamén transmitidos en directo, para maior transparencia, información e coñecemento da cidadanía das diferentes medidas e de todo o que lles afecta.
LU-P-1502
Por último, anunciar que vimos de recibir unha comunicación vía correo electrónico do Servizo de Vías e Obras da Deputación provincial respondendo a unha petición que lles formulamos hai uns días solicitándolles a mellora da estrada LU-P-1502 que comunica Burela co cemiterio municipal, co punto
limpo e tamén coas parroquias cervenses de Rúa e San Román.
Nesta comunicación de resposta, os técnicos provinciais comprométense a desprazarse á zona “en canto sexa posible” para comprobar as necesidades desta estrada. A vía atópase nun estado de abandono que pon en perigo a seguridade viaria. As cunetas están sen limpar, o que provoca que a auga corra pola estrada co conseguinte perigo para vehículos e peóns que transitan por ela; e tamén carece de valado “quitamedos” nalgúns tramos a pesares do gran desnivel que ten na maior parte do seu recorrido polo
termino municipal.
Agardamos, pois, que este anuncio de visita á zona se materialice o antes posible e poder, deste xeito, concretar as peticións formuladas polo noso colectivo de cara á mellora desta estrada.
























Con este xesto, o Concello quere expresar o seu máis fondo pesar e trasladar toda a súa solidariedade e apoio ás familias das vítimas, ás persoas afectadas e a toda a veciñanza, compartindo a dor por esta inmensa traxedia.
Nesta ocasión contará, ademais de cos anfitrións A Subela, como grupo convidado ao Grupo Folclórico e Etnográfico do Cimeiro, procedente de Soure, en Portugal, que participa dentro dun intercambio cultural. A organización destaca que será unha edición especialmente significativa e anima ao público a non perdela. Terá lugar o 18 de xullo, ás 21:00 horas, na Praza Conde de Fontao, de Foz.
Unha actividade marcada polo deporte, o compañeirismo e o bo ambiente. Na categoría Sub-12, os equipos gañadores foron Xove Fútbol Praia, Viveiro Celtic e Sanci FC; en Sub-15, Cachupa, Wachines e Encueradores; en Sub-17, Hamburguesas FC, EnlaDepor e Wachines; e na categoría Sénior, Hamburguesas, La Org e Motototo. As medallas foron entregadas pola alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, quen felicitou os equipos e agradeceu a participación das persoas inscritas, das familias, do público e dos colaboradores, destacando que fixeron posible unhas noites de fútbol praia inesquecibles. A programación deportiva continuará a semana do 20 de xullo coa celebración do torneo de Fútbol 3x3.
O músico ofrecerá un repaso polos clásicos de Dire Straits, Eric Clapton, Pink Floyd, Lou Reed, Bruce Springsteen, Bob Dylan, Joaquín Sabina e moitos máis, nunha xornada dedicada á música e á historia do local. Esta será a primeira das actividades que se irán anunciando con motivo do 25 aniversario, cunha cita marcada para o 12 de xullo, no propio Rincón de Mondoñedo.
Con ela pechouse a celebración das festas de Santa Isabel que, un ano máis, foi todo un éxito.
As persoas interesadas poderán presentar a súa solicitude ao longo desta semana nas oficinas municipais do Concello de Trabada. O alcalde de Trabada, Rubén García, explica que “desde o Concello queremos dar a máxima difusión a esta convocatoria para que todas as persoas interesadas poidan presentar a súa solicitude e formar parte desta bolsa de emprego”. Desde o Concello animan a todas as persoas interesadas a presentar a súa solicitude dentro do prazo establecido, co obxectivo de garantir a correcta cobertura deste servizo municipal durante o período vacacional.
Puxo en valor a importancia deste tipo de eventos para contribuír á preservación dos traballos gandeiros tradicionais. Cómpre salientar que esta festividade está recoñecida como Festa de Interese Turístico de Galicia. Ademais, nesta ocasión, a conselleira foi nomeada Monteira Maior, unha distinción honorífica outorgada pola Comunidade de Montes de Buio e Lerín, organizadora do evento, ás persoas que colaboraron con eles ou os apoiaron. Gómez trasladou o seu agradecemento por esta mención e reafirmou o seu compromiso co sector agrogandeiro, un piar fundamental para o desenvolvemento do noso rural.



