Viveiro, 24 abril de 2020. O grupo municipal do PP de Viveiro presenta numerosas propostas ao Concello para axudar aos cidadáns e aos sectores produtivos a superar a crise sanitaria debida ao coronavirus Covid-19, e as súas consecuencias na economía. Os populares queren que se constitúa unha comisión especial, formada por representantes de todos os grupos municipais, persoal técnico e representantes das asociacións de comerciantes. No aspecto económico, queren que se destine a este plan de intervención municipal fronte a crise unha partida na que se inclúan os cartos destinados a festas e actos culturais que non se poden celebrar.
Algunhas das medidas propostas polos populares teñen que ver con impostos e taxas. Así, propoñen que non se cobre por ocupación de vía pública por este ano aos locais de hostalería. Igualmente, din que non se debe cobrar, ou, no seu caso, que se subvencione, a recollida de lixo, abastecemento de auga e saneamento a todos os locais comerciais que tiveron que pechar debido á crise; queren que esta mesma medida se aplique “a todas aquelas persoas vulnerables ou en situación económica de risco, ao menos mentres dure o confinamento”.
Na mesma liña, o PP propón que non se cobre no que resta de ano por ocupación de vía aos comerciantes que participan “con permiso e asiduamente no mercado, tanto no da Praza Maior como no denominado “Corte Inglés” . Queren o mesmo trato para a venda ambulante.
En canto ao Imposto de Bens Inmobles, o PP propón: “Redución do IBI aos propietarios de locais con actividade comercial, tanto se é actividade propia como en aluguer e que non cobren o aluguer no tempo de peche por imperativo legal. Esta redución podería ser proporcional ao tempo de peche, ao índice mínimo que marque a Lei”. Esta mesma medida pretenden que sexa aplicable “a todos os traballadores que perderan o seu posto a consecuencia do Covid-19”.
Por outro lado, os edís populares queren que se dean axudas económicas directas a fondo perdido a todos os comerciantes que, por imperativo legal, teñan que adoptar medidas para reiniciar a súa actividade cando sexa posible.
Na mesma relación de iniciativas figura a de reforzar o servizo de atención social con traballadores propios ou contratados, mañá e tarde, para atender debidamente ás persoas máis vulnerables e controlar diariamente o reparto de alimentos. En materia de alugueres, os populares propoñen bonos a fondo perdido para axudar a veciños en situación vulnerable, ou que perderan o traballo.
Os populares cren que o Concello ten que desenvolver unha campaña de promoción do comercio local e dar prioridade á tramitación das licenzas de obras para estimular a actividade laboral.
No aspecto sanitario, o PP propón a compra de mascarillas homologadas para repartir no rural e as persoas maiores, así como o baldeo de calzadas e beirarrúas
Noutra orde de cousas, os populares queren que se facilite acceso a Internet aos estudantes que carecen del; tamén cren preciso un servizo de préstamo na biblioteca municipal, con entrega e recollida por voluntarios ou persoal laboral; igualmente pretenden que se ofrezan programas de entretemento por medio da páxina web do Concello
Outras iniciativas son as seguintes: facilitar duchas e aloxamento aos transportistas, facilitar a xestión de trámites administrativos a quen carece de medios para levalos a cabo; tramitación de solicitudes de axudas económicas a outras administración.
Por último, os concelleiros populares demandan que as bandeiras estean a media hasta e con lazo negro en memoria dos falecidos a causa do coronavirus Covid-19.




















Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.



