Lugo, 30 de abril de 2020. O Presidente da Deputación, José Tomé, responsable directo da área de Xestión Territorial, informa de que acaban de comezar os traballos de mellora do firme da estrada provincial LU-P-2601, no concello de Xove. Unha actuación na que a institución provincial inviste máis de 270.000€.
Esta vía que se vai acondicionar conecta o núcleo desta localidade mariñá co Portiño de Morás. As actuacións afectan a case 3 quilómetros da estrada, dende o punto quilométrico 0,4 ata o 2,85. “Son uns traballos laboriosos porque se vai ampliar o ancho da plataforma, o que permitirá ter dous carrís de 2,75 metros cada un. Tamén se vai drenar e afirmar as zonas ensanchadas e posteriormente pavimentarase a calzada con aglomerado en quente”, subliña o Presidente.
Estes traballos teñen un prazo de execución estimado de 6 meses, pero agárdase que poidan quedar rematados despois dos meses do verán, sempre e cando as condicións meteorolóxicas o permitan.
José Tomé explica que “o regreso ao traballo do sector da construción permítenos contribuír á dinamización da economía provincial, ao mantemento do emprego e á creación de riqueza nesta situación de excepcionalidade derivada do estado de alarma”. Engade que “con estas obras materializamos un dos principais obxectivos da Deputación, como é mellorar as comunicacións viarias, que son necesarias para verdadeiramente garantir a igualdade de oportunidades entre toda a veciñanza da provincia de Lugo”.





















A banda presentará o seu espectáculo nunha cita aberta ao público, que promete unha noite de rock e diversión para todos os asistentes.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.



