O director da Burela Blues Band asegura que o seu modelo de música é obxecto de estudio e de análise en centros de Galicia
BURELA (FNC) .- A Burela Blues Band celebra o seu quinto aniversario cun concerto de jazz previsto para as nove e media desta noite no auditorio da Casa da Cultura.
O director da formación valora de xeito moi positivo a andadura da Burela Blues Band que “xurdiu como unha pequena aventura e nunca imaxinamos que podería ter a repercusión que acadou na actualidade. É unha ledicia para nós estar onde estamos”. Israel Arranz considera que “ata que un non sae fora e percibe como se ve Burela non se da conta da repercusión que se vai creando dentro do que é o panorama galego do jazz, ao falar con xente de Vigo e de Santiago e ao dicirlles que somos de Burela eles recoñecen que aquí se está a facer un traballo importante neste ámbito e para nós eso é moi gratificante. Entón vemos como o traballo destes cinco anos, sobre todo dos tres últimos, ten unha proxección a nivel galego bastante importante e moi contundente en todos os aspectos”.
Os que acudan esta noite ao auditorio da Casa da Cultura poderán disfrutar “en primeiro lugar da sintonía que arranxei para este curso 2009-2010 e xa despois comenzaremos co percorrido pola historia do jazz desde o seu nacemento a finais do século XIX, e logo tocaremos unha peza de cada subxénero dos máis importantes para que o público presente poida ver as diferencias e características e cómo evolucionou o jazz”. Israel Arranz convida “a todo o mundo a que acuda a este concerto, porque como bureleses deberíamos estar contentos desto, xa que o que comenzou coma unha aventura no 2004 entre Roberto Bouza e máis eu agora é modelo de estudio, de implantación e de interese por parte doutros centros de música galegos. Eu recomendo o concerto a todos polo seu contido didáctico e pedagóxico, pero sobre todo porque é ameno e divertido, ademáis o traballo que se fixo cos rapaces é impresionante e poderán disfrutar da posta en escea dos chavales, froito do esforzo no transcurso dun ano”.


























A restrición de circulación manterase durante a xornada mentres se desenvolvan os labores, que teñen como obxectivo garantir a seguridade viaria e facilitar a execución dos traballos. Durante este tempo, as persoas que necesiten acceder ás zonas de Santo Albites, Pénjamo ou San Lázaro deberán facelo polo acceso de Río dos Foles. O Concello de Viveiro agradece a comprensión da veciñanza e recomenda extremar a precaución e seguir a sinalización habilitada mentres duren os traballos.
Félix Jorquera pasará polos micrófonos de RadioVoz ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
Comezou o mércores ás 13,35 horas e para a súa extinción mobilizáronse, ata o de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 20 brigadas, 17 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
O acto terá lugar ás 18:30 no paseo da Dársena, onde se instalará un hito que lembra a súa distinción como Fillo Predilecto de Navia. Tamén se descubrirá a placa dos gañadores absolutos da LXVII edición do Descenso, celebrada en 2025. “Moreno”, falecido en 2023, dedicou máis de seis décadas a impulsar esta cita deportiva, converténdoa nun referente nacional e internacional. A alcaldesa, Ana Isabel Fernández, destacou que foi “a alma máter do Descenso” e convidou á veciñanza e participantes a asistir ao acto de recoñecemento.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.



