Burela, a 5 de maio de 2020. O PP de Burela ve “con moi bos ollos”, como aportación inicial, os 400.000 euros que di o alcalde que vai a por a disposición do tecido socioeconómico de Burela, pero, advirten, “desconfiamos desta contía e de onde pensa sacar ditos fondos porque, ata o de agora, o que se nos informara aos partidos da oposición é que o superávit do ano pasado non chegaba aos 200.000 euros, a metade da cantidade manifestada nas últimas horas”. E continúan, “unha de dúas, ou mentía antes ou mente agora, non hai máis explicación posible”. Dende o PP pregúntanse así, “que credibilidade pode ter nestas circunstancias o Sr. Llano?”.
Neste senso, indican que se trata dun anuncio dunha contía que “xa está a chegar tarde”. “Esta medida tiña que habela tomado hai máis de mes e medio, e que, se ben para empezar non está mal, sempre e cando sexa realista e se concrete, consideramos claramente insuficiente”, afirman.
Dende o PP lembran, a este respecto, que “lle levamo dicindo que hai que tomar medidas concretas de calado, por exemplo, coma as dezaseis xa rexistradas polo noso Grupo Municipal, dende hai case que dous meses”.
Reunións que chegan tarde
Dende o PP de Burela poñen o foco que ao igual que está a facer co comité de seguimento do Covid-19, reunido tan só durante tres semanas das case que oito que leva imposto o estado de alarma, “as reunións coa ACIA e coa Asociación de Veciños chegan moi tarde, tal e como sucede coa toma de decisións”. “En todo o estado de alarma só se reuniu con estes colectivos nos últimos dez días”, conclúen.



















A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continou con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



