Lugo, a 7 de maio de 2020. “O BNG pide en Sarria o que non fai na Deputación”, asegura o portavoz provincial do PP, Javier Castiñeira, á vista de que non consigue que o presidente da institución, o socialista José Tomé, atenda as reiteradas solicitudes dos deputados populares para que convoque unha reunión da xunta de portavoces, co fin de analizar a situación na que se atopa a provincia, a causa da crise sanitaria, e estudar as medidas a aplicar para a reactivación da economía lucense. Castiñeira insiste en demandar do presidente da Deputación que convoque a reunión solicitada, porque “a provincia necesita do traballo de todos, das ideas de todos; nós, pese á falta de cortesía que demostra o señor Tomé, seguimos tendendo a man, e esperamos que o Bloque faga valer o seu peso como socio de goberno para que convenza ao presidente de que convoque a xuntanza que reclamamos”. Estas declaracións foron efectuadas despois da reunión, por vía telemática, celebrada na mañá de hoxe polos deputados provinciais populares coa presidenta provincial do PP, Elena Candia, na que, entre outros asuntos, se abordou o intento do presidente da Deputación de silenciar á oposición, é dicir, ao PP.
Javier Castiñeira recorda que o portavoz do BNG, Efrén Castro, solicitou no Concello de Sarria unha reunión como a que o PP reclama na Deputación. “Polo tanto, no PP non entendemos porque non lle di a Tomé que convoque á xunta de portavoces, porque o que pedimos é o mesmo que el pediu en Sarria”. O mesmo representante popular suxire cal pode ser a causa do silencio do BNG na Deputación: “Todo indica que, neste caso, coinciden aparencia e realidade; e o que se ve é que o BNG na Deputación está absolutamente tapado polo PSOE, por Tomé, e que a súa capacidade de decisión e protagonismo é realmente moi baixa. Igual non é así, e sería unha boa maneira de demostralo que instase a Tomé a convocar a reunión que pedimos. Se non o fai é porque, realmente, as cousas son como parecen e o BNG pinta pouco na Deputación; sexa como sexa, chama moito a atención que o BNG permita esta falta de respecto do presidente a un grupo da corporación”.
O portavoz popular tamén dixo: “Non consigo acostumarme a esta capacidade que teñen o PSOE e o BNG para dicir unha cousa cando están na oposición e facer xusto a contraria en canto teñen responsabilidades de goberno”.
Castiñeira lamenta o seguidismo que fai Tomé da maneira de estar en política do presidente do Goberno, Pedro Sánchez. “No ámbito provincial, Tomé fai o mesmo que Sánchez: tensar a vida política intencionadamente para tratar de sacar réditos partidistas”. Dixo tamén: “Nós fixemos moitas propostas para reactivar a vida económica da provincia despois da pandemia, e queremos debatelas cos outros grupos e axudar a poñer en marcha as medidas precisas para conseguilo. Por enésima vez solicitamos a convocatoria dunha reunión da xunta de portavoces, e esperamos que o BNG esta vez convenza a Tomé de que atenda a nosa solicitude”.
Javier Castiñeira di que a reunión da xunta de portavoces é aínda más importante debido a que o presidente da Deputación, noutro xesto máis de desinterese pola participación democrática, non convocou sesión plenaria ordinaria no pasado mes de abril. “Está claro que Tomé non fixo nada de canto deixou ver que faría cando tomou posesión do cargo”.
O portavoz popular insiste en que, como propuxo o seu grupo, é necesario convocar aos representantes do tecido produtivo para determinar cales son as accións máis relevantes para reactivar a economía provincial.

















A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.
O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.



