Foz, 8 de maio de 2020. O paseo marítimo da vila focense é agora de sentido único de A Rapadoira a Llas para garantir o distanciamento entre as moitas persoas que o utilizan estes días. O Concello de Foz amplía así o plan de acción contra o COVID-19.
O alcalde, Fran Cajoto, explica que “o Concello de Foz amplía o plan de acción municipal contra o COVID-19, no que se adoptan medidas para garantir a saúde de tódalas veciñas e veciños. Sabemos que mentres non teñamos unha vacina eficaz as medidas de distanciamento físico son a ferramenta máis eficaz para a prevención fronte ao virus. Por iso, vista a cantidade de persoas que optan por pasear e facer deporte polo noso paseo costeiro, e para garantir o distanciamento necesario, adoptouse a decisión de facer de sentido único este paseo. Desta maneira, se camiñamos sentido Llas deberemos facelo polo propio paseo e para a volta utilizaremos a beirarrúa situada na outra beira da estrada. Sabemos das molestias que esta medida pode traer consigo, pero unha vez máis apelamos ao civismo que está demostrando todo o noso pobo durante toda esta crise”.
O rexedor municipal engade: “sabemos que somos un pobo eminentemente turístico e por iso, ante a proximidade da época estival, debemos extremar ao máximo as medidas de distanciamento social. Recomendamos tamén que a circulación de peóns nas beirarrúas de toda a vila se realice polo lado dereito dado que moitas delas son demasiado estreitas e resulta complicado manter a distancia”.























López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



