Lugo, 8 de maio de 2020. “A situación en Alcoa-San Cibrao complícase cada día máis e o Goberno presidido por Pedro Sánchez non acaba de sacar un estatuto para empresas electrointensivas que propicie as condicións que garantan o futuro desta industria”, sinala o portavoz do grupo provincial do PP, Javier Castiñeira. Os populares instan ao presidente da Deputación, José Tomé, a reivindicar do seu correlixionario político Pedro Sánchez que o Goberno “saque dunha vez o estatuto para grandes consumidores eléctricos que reúna as condicións indicadas tanto polo comité de empresa como pola propia Xunta de Galicia”. É necesario, sinala Castiñeira, que o Goberno garanta un marco estable de prezos asumibles para que Alcoa-San Cibrao poida seguir adiante e xogue o papel determinante que ten na economía da Mariña, en concreto, e da provincia en xeral. O PP anuncia a presentación dunha nova iniciativa neste sentido e en defensa do emprego e apoio aos traballadores contratados por medio ETTs.
Castiñeira sinala: “O pasado 23 de abril o grupo provincial do PP foi o primeiro en falar co presidente do comité de empresa de Alcoa e poñer enriba da mesa o afondamento dos problemas desta industria. Tal e como anunciamos ese día, despois de reunirmos esta semana cos representantes dos traballadores das empresas auxiliares afectados pola parada das labores de desbrascaxe e vistas as noticias que veñen desde a dirección da empresa e do comité de empresa, o grupo provincial popular volverá a instar ao goberno provincial, que ata hoxe nada conseguiu, a que reclame ao Goberno central a aprobación do estatuto electrointensivo, coas alegacións consensuadas entre Xunta, patronal e sindicatos”.
O portavoz popular na Deputación tamén declarou: “Parece que Tomé non escarmentou o suficiente no último pleno celebrado presencialmente, no que os traballadores o cualificaron de socialista de pacotilla e sigue consentindo que o Goberno teña secuestrado o estatuto electrointensivo, coa desculpa do Covid-19. No pleno defenderemos por igual tanto as peticións dos traballadores das auxiliares como dos traballadores das ETT afectados pola baixa de produción”. Engade: “E todo pasa por dous compromisos. O primeiro, que o Estado aprobe o estatuto electrointensivo coas alegacións; o segundo que a emprese cese nos recortes de produción e aposte pola modernización da planta”.
Javier Castiñeira destaca que “novamente o PP demostra que se anticipa aos problemas de Alcoa, mentres PSOE e BNG parecen non tomar en serio; o Bloque presenta mocións, si, pero como parte do goberno provincial nada conseguiu ata agora con respecto a Alcoa”.


















O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.



