Santiago de Compostela, 14 de Maio 2020. A portavoz nacional, Ana Pontón, transmitirá ao presidente da Xunta que o BNG considera unha “temeridade” convocar eleccións en estado de alarma e sen garantías sanitarias para votar e, en consecuencia, pedirá a Feixóo que poña a saúde por riba da cita electoral, máxime cando os informes sanitarios incluído o da Consellaría de Sanidade, non avalan a convocatoria en xullo. Ao contrario, advirten que non se pode predicir a evolución da pandemia na desescalada, nunha Galiza na que apenas houbo circulación do virus e avanzan que a mobilidade vai permitir a chegada de persoas de territorios máis afectados.
“Imos trasladar que nos parece unha temeridade convocar eleccións no medio dunha pandemia en pleno estado de alarma, somos os primeiros que nos gustaría que se celebrasen canto antes, pero por riba das cuestións electorais o primeiro é a saúde das galegas e galegos”, salientou Pontón, en relación a reunión prevista con Feixóo, que considera un “formalismo” convencida de que “a decisión está tomada” desde que o lendakari Urkullu avanzou o seu desexo de ir ás urnas en xullo, “de novo o presidente da Xunta, a rebufo”.
A líder nacionalista salientou que os informes nos que o candidato do PP quería ampararse non dan ningunha garantía sanitaria. “Non avalan que sexa seguro activar unha convocatoria electoral en xullo porque son informes inconcretos e contraditorios sen conclusións claras”, por contra, “o propio informe sanitario da Xunta contempla a posibilidade de que sexa necesario volver a desconvoca ante un rebrote do virus”.
Neste sentido, os informes están cheos de incertezas e advirten das moitas interrogantes que existen para predicir a evolución do virus, que fan que a evolución presente e futura da pandemia sexa altamente impredicible porque “non hai unha bola máxica (sic)”. Igualmente, destacan o nivel de contaxio da poboación, que segue a ser moi alto pola pouca circulación da infección en Galiza e alerta do risco da entrada de persoas doutros territorios con maior nivel de contaxio, chegada que empezará a finais de xuño.
“Os informes non din que sexa seguro votar en xullo, por contra o que fan é alertar de que estamos nunha fase na que non sabemos o que vai acontecer, que non se pode prever a evolución do virus na desescalada, un fase sen garantías sanitarias e pensamos que tampouco se dan garantías democráticas”, sintetiza Pontón, tras subliñar que o propio decreto de desconvocatoria asinado polo xefe do Executivo o 18 de marzo deixaba claro que non se convocarían eleccións mentres estivese en vigor o estado de alarma.
“É moi estraño que ao dono dunha cafetería Feixóo non lle poida dar ningunha garantía do que poderá facer nunha semana, pero que xa lle diga que poderá votar dentro de dous meses, e estraño que o goberno obrigase a pecharse durante dous meses á poboación para evitar contaxios e que agora obrigue a estar todo un día en colexios electorais con centos de persoas manipulando sobres, papeletas, urnas e mobilizando a case 2 millóns de persoas”, argumentoua dirixente do Bloque.
Pontón instou a tomar nota do que sucedido en Francia fai apenas unhas semanas cun proceso electoral en plena pandemia: “baixísima participación e anulación da segunda volta tras comprobar que non se daban as condicións para votar”. En todo caso, o BNG tamén avanza que non vai recorrer a decisión do presidente da Xunta pola vía legal “para non xudicializar o proceso e engadir aínda máis incertezas á poboación”, concluíu.
















A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.



