Foz, 16 de maio de 2020. O Concello de Foz anuncia a suspensión das festas e eventos multitudinarios en todo o municipio ata o mes de outubro, pero reforzará a programación cultural na vila e nas parroquias con numerosos actos e novidades como cine ao aire libre.
“Estamos nunha situación completamente excepcional, de privación da liberdade individual para garantir a saúde pública do conxunto da poboación”, explica o alcalde de Foz, Fran Cajoto, que especifica que o Concello de Foz toma esta decisión “por unha tripla motivación:
– Responsabilidade: a prioridade deste goberno desde o inicio da crise sanitaria foi a saúde das súas veciñas e veciños. Non é posible limitar o aforo dunha verbena nin manter o distanciamento físico que esixen os protocolos sanitarios do virus COVID-19. Outras cidades e vilas como Madrid, Pamplona ou recentemente Viveiro, co Resurrection Fest, están tomando medidas na mesma liña.
– Seriedade: o Concello de Foz habitualmente triplica a súa poboación en verán. Desde o goberno municipal estamos adoptando de forma seria todas as medidas que están na nosa man para conciliar o motor económico que supón o turismo, pero sempre priorizando a saúde pública. Dende o inicio da crise sanitaria o Concello é descoñecedor dos datos da incidencia real no municipio do COVID-19. A Xunta de Galicia, administración que obtén eses datos gracias ao sistema sanitario da comunidade, non envía esta información, negando a posibilidade de estudiar as medidas a levar a cabo coa base real da incidencia coñecida.
– Seguridade: a seguridade sanitaria nun evento de aforo libre non é posible ante a ausencia dunha vacina, seguridade que debemos trasladar desde o Concello tamén ás distintas comisións de festas, que fan un traballo excepcional. Esiximos o apoio da administración autonómica: a nosa asistencia sanitaria, xa de por si insuficiente ao longo do ano -centro de saúde con pouco persoal, Hospital da Costa ampliado en metros pero non en profesionais…- vese superada en verán, cunha afluencia de visitantes que non se suple co único reforzo de un profesional no centro de saúde”.
O rexedor municipal focense engade que “toca reinventarse. É preciso ser responsable, tanto por parte da administración coma do cidadán. E niso debemos ir todos xuntos. É por isto que se deben repensar as formas de ocio que coñeciamos, as aglomeracións deben evitarse e as distancias respectarse, e temos que facelo intentando simplificalo para todos. O Concello de Foz anuncia unha reforzada programación cultural en substitución deste tipo de actos”.
O concelleiro de Cultura, Héctor Moris, explica a programación na que está traballando dende hai tempo, que se desenvolverá tanto ao casco urbano como ás parroquias do municipio:
– Como gran novidade, cine ao aire libre, cunha carteleira variada e actual, que se proxectará no núcleo e no rural do noso concello.
– Ciclo de teatro coa actuación dos grandes actores da zona, coñecidos por todos.
– Festival Bal y Gay de música clásica, que está acadando gran renome a nivel nacional.
– Sons na Rúa, sempre que as medidas de seguridade sanitaria o permitan.
– Actuacións da Banda de Música Municipal
– Pequenas actuacións musicais simultáneas de ambientación das nosas rúas.
Héctor Moris engade que “o fundamento desta programación, que se poderá ampliar ou ver modificada, é poder desfrutar dunhas actividades de calidade cun aforo controlado, en actuacións onde o público estea sentado e se poda garantir o distanciamento físico”.
Para rematar Fran Cajoto destaca que “estas medidas compleméntanse con cortes parciais de tráfico durante os meses de verán, de forma que se eviten concentracións e se facilite a recuperación económica. É momento de ser responsable e valente nas decisións e en levalas a cabo. Isto superarémolo xuntos”.





















Este venres, 14 de agosto ás 20.00 horas, terá lugar a presentación do libro "Espiritualidad", unha longa reflexión sobre a dimensión espiritual do ser humano, levada a cabo por 8 autores de diferences orientacións relixiosas, no Local Social do Parque Concepción Arenal (antigo matadoiro) de Ferreira do Valadouro. Estará presente o autor-coordinador da obra Pepe Peinó.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.



