Lugo, 18 de maio de 2020. O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, asegurou que os Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR) da provincia terán un papel decisivo no impulso da recuperación económica tras a pandemia e, nese senso, animounos a interesarse e tomar partido polas necesidades que xurdan nos seus respectivos territorios.
Balseiro sempre significou a importancia das axudas da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) –xestionadas en cada ámbito xeográfico polos GDR- como pulo para facer realidade moitos proxectos que apostan polo rural como un lugar de oportunidades e dixo que o financiamento que ofrecen pode ser un factor decisivo para dar viabilidade a moitas iniciativas que non teñen acceso ás liñas de financiamento habituais.
O Leader ten un orzamento de 84 millóns de euros dentro do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2014-2020. Só nos dous últimos anos a Xunta achegou 9,7 millóns de euros en axudas directas xestionadas polos GDR da provincia de Lugo que serviron para apoiar 139 proxectos, que permitiron a consolidación de máis de 502 postos de traballo e tamén a creación de 114 novos empregos no rural lucense.
Así llo trasladou hoxe Balseiro aos xerentes e presidentes dos seis GDR da provincia de Lugo nunha videoconferencia na que, ademais de facer un pequeno balance das actuacións realizadas ao longo dos últimos meses, fundamentalmente a validación e estudo dos proxectos presentados, a reunión serviu para coñecer máis polo miúdo as achegas e necesidades destas agrupacións.
Na actualidade son seis os GDR operativos na nosa provincia: o de Terras de Miranda, na Mariña lucense, o de Lugo e comarca, o de Vales e Montes Orientais, o da Ribeira Sacra, o Miño-Ulla e o da Terra Chá. Todos eles abarcan a totalidade do territorio lucense.
A xuntanza serviu tamén para poñer de manifesto a boa sintonía existente entre a Xunta e estas entidades e para confirmar a aposta da Consellería do Medio Rural por darlle continuidade aos GDR como xestores da medida Leader de cara aos vindeiros anos.

















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



