Lugo, 28 de maio de 2020. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, mostrou o rexeitamento frontal da institución provincial ás pretensións anunciadas este xoves pola dirección da factoría de Alcoa en San Cibrao dun despido colectivo de 534 traballadores e traballadoras. “É unha moi mala noticia para a comarca da Mariña e para toda a provincia de Lugo, e a Deputación estará, coma sempre, cos traballadores e coas traballadoras, e cos concellos da comarca da Mariña para reivindicar o futuro dos veciños e das veciñas da Mariña e do conxunto da provincia de Lugo. A Deputación non vai quedar impasible, nin pode permanecer ao marxe”, subliñou José Tomé.
A medida anunciada pola compañía, asegurou, “é a proba clara e palpable de que a empresa estivo xogando con todos nós, dado que é unha decisión de moito calado, e iso non se toma en pouco tempo. Para min, isto obedece máis a unha política de interese económico, pero tamén de interese xeoestratéxico que responde a outros intereses”.
O Presidente esixiu á Xunta que tome medidas e exerza as competencias que ten atribuídas en materia de industria polo Estatuto de Autonomía. “Acabáronse as fotos baleiras de contido. Non coñezo ningunha proposta seria que se fixera para solucionar o tema de Alcoa. É hora de poñer enriba da mesa os intereses de Galicia, que son os mesmos que os da provincia de Lugo, os dos traballadores e os dos concellos”.
“O Presidente de Xunta, o señor Feijóo”, recalcou José Tomé, “debe tomar exemplo do Goberno vasco no relativo ao apoio das empresas estratéxicas do noso país. En Galicia podémolo facer tamén, porque todos os anos quedan millóns e millóns de euros do IGAPE que non se aplican e que non se aportan ao tecido produtivo galego. É o momento de facelo e de poñer solucións encima da mesa”.
Polo que respecta ao Goberno de España, o Presidente recalcou que “é necesario o regulamento electrointensivo que permita ás empresas que operen en España ter unhas condicións semellantes ao resto de Europa. Se ese regulamento pode ser acordado con todos os sectores implicados pois moito mellor, pero necesitamos ese regulamento”.
Tamén lle pediu ao Ministerio de Industria “que analice o retorno económico das axudas que se lle deron á empresa e que, polo que teño entendido, en moitos casos non serviron para cumprir cos obxectivos. É dicir, non aplicaron esas axudas no que se comprometeron. Que o Ministerio mire, xa que, se dan ese paso, polo menos que non leve ademais o noso diñeiro”.
Así mesmo, plantexou ao Goberno de España que “estudie a posibilidade de entrar no accionariado deste tipo de empresas, como o están facendo outros países europeos como Francia ou Alemaña, que están reforzando un sector público de empresas estratéxicas”.
“Creo que destes casos tamén temos que aprender, temos que sacar leccións positivas para o futuro e sobre todo, cando haxa xente que especula coa deslocalización de empresas e non lle importa prexudicar a provincias, a territorios e a comunidades autónomas, como é o caso de Lugo, da Mariña ou de Galicia, pois polo menos que non lle saia gratis e que non o teña fácil, que o teña un pouco máis difícil”, concluíu.


















O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.



