A Pontenova, 28 de maio de 2020. O Alcalde da Pontenova, Darío Campos Conde avanzou que o Equipo de Goberno aprobará na sesión plenaria, que se celebrará hoxe, unha liña de axudas dirixidas a PEMES e autónomos da vila para contribuír ao financiamento de gastos correntes que seguen a afrontar os empresarios trala crise do COVID, e que conta cun orzamento de 25.000 euros.
O rexedor dixo “que mentres outras administracións, como a Xunta, seguen de brazos cruzados diante desta situación, os Concellos somos os que temos que tirar do carro e tentar contribuír a reactivar a economía local e o emprego nas nosas vilas. Non é o momento de discutir, todos temos que arrimar o ombreiro. Ninguén pode quedar atrás”, dixo.
Campos Conde argumentou que “dende o Equipo de Goberno presentamos esta proposta, tralo peche das actividades de comercialización e distribución que deu lugar a unha caída da actividade económica sen precedentes por mor da pandemia que estamos a sufrir. Froito de esta situación, numerosas PEMES e empresarios autónomos se ven nunha situación de peche total da actividade, ao tempo que seguen a xerar gastos, tales coma amortización de créditos, subministros básicos (tarifas mínimas de auga, luz, telecomunicacións, lixo, saneamento… etc), seguros sociais e obrigas tributarias”.
Nesa liña sinala que “coa finalidade de contribuír a paliar esta situación, este Concello considera oportuno, dentro das súas limitadas posibilidades orzamentarias e competenciais, que se poña en marcha unha liña de axudas ás PEMES e autónomos ubicadas da Pontenova, que, coma consecuencia da alerta sanitaria, se viran na obriga de pechar a súa actividade un mínimo de quince días naturais consecutivo”.
700 euros por negocio
Remarca que coa finalidade de establecer un criterio de asignación áxil e reducir as cargas administrativas, tanto aos solicitantes coma a propia Administración, “o importe da subvención virá determinado por unha cantidade fixa de 700 € por negocio; desagregándose do seguinte xeito 600 € para compensar os gastos ocasionados polo peche da actividade e 100 € para compensar as cotas liquidables aos solicitantes dos consumos mínimos trimestrais do servizo municipal de auga, lixo e alcantarillado”.
15 días para presentar as solicitudes
As solicitudes xunto coa documentación presentada serán revisadas polos servizos sociais do Concello da Pontenova que formularán proposta. O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días e comezará a partires do día seguinte á publicación das bases no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.


















O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.



