Burela, 28 de maio de 2020. As Xornadas Técnicas e o Encontro Empresarial, que organiza a Fundación Expomar, celebraranse finalmente o vindeiro mes de xuño a través de vídeo conferencia. Así o acaba de anuncia o seu presidente, Alfredo Llano, que tamén se referiu a Produart 2020, unha cita que case con total probabilidade non se poderá levar adiante este ano.
O rexedor e presidente da Fundación Expomar explicou que “hoxe fixemos unha reunión do comité executivo de Expomar. Realmente hoxe, 28 de maio, deberiamos estar celebrando as Xornadas Técnicas, pero derivado de toda a problemática que xa coñecemos non se puideron levar adiante”.
Llano subliñou que “a Fundación Expomar ten o seu compromiso grande co sector náutico pesqueiro e queremos organizar algo durante este ano. Loxicamente como presencial vai ser algo moi difícil estamos vendo a posibilidade de organizar unhas Xornadas Técnicas e un Encontro Empresarial, pero de forma telemática”.
O presidente da Fundación Expomar contou que “xa estamos a barallar unha data, queremos que sexa no mes de xuño. Imos intentar que sexan os días 18 e 19 ou o 25 e 26 para levar adiante esta cita. Agora imos concretar todo isto cos poñentes que queremos traer e así poder realizar a través de vídeo conferencia tanto as Xornadas Técnicas como o Encontro Empresarial”.
Alfredo Llano dixo que “nas Xornadas Técnicas queremos que se traten temas actuais como a repercusión que está a ter a pandemia no sector pesqueiro, cómo lle está a afectar e cómo se presenta o futuro e tamén no ámbito da alimentación. Queremos estar pendentes dos temas que agora mesmo lle preocupan ao sector”.
As Xornadas Técnicas e o Encontro Empresarial terán lugar en horario de mañá de 10:30 a 13:00 horas “para que sexa participativo. Imos favorecer que a xente que se inscriba poida participar a través de preguntas e todo aquilo que poida servir para mellorar a situación do sector náutico pesqueiro. O Encontro será o venres”.
Na xuntanza desta tarde tamén estivo enriba da mesa a organización de Produart 2020 “unha cita que se ven celebrando desde hai moitos anos. Non tomamos aínda unha decisión en firme porque estamos agardando un pouco pola Feira do Bonito, que aínda que son dúas cousas diferentes están ben complementadas. A día de hoxe estamos moi convencidos de que non será posible organizar esta nova edición de Produart porque, ademais de ser unha feira alimentaria cuxos produtos teñen que vir de moitos lugares, celébrase nun recinto pechado e iso influirá para non levar adiante a edición de 2020. É unha pena, pero agardaremos que todo isto se vaia superando e nas vindeiras edicións se poida facer cousa bonita, digna e útil para Burela”.





















O cambio resulta necesario porque a instalación das atraccións impide o paso dos camións de recollida por estes puntos. O contedor situado na Travesía Granxas trasladarase á avenida de Vilalba, mentres que o instalado na rúa Antonio Roca pasará á rúa Suasbarras. Ademais, o Concello reforzará a dotación de contedores no Campo da Festa e no Campo da Pascua, onde se colocarán máis unidades para atender o incremento de residuos previsto durante a celebración. Desde o Concello agradécese a comprensión á veciñanza polos cambios realizados e lémbrase a importancia de depositar os residuos nos contedores situados nas novas localizacións, co fin de facilitar o correcto funcionamento do servizo de recollida.
O alumnado de 2º curso das familias profesionais de Instalacións e Mantemento, Imaxe Persoal e Administración e Xestión remataron o curso e a súa formación en centros de traballo co que xa conseguiron a súa titulación como técnicos de grao medio ou grao superior para incorporarse ao mercado laboral. Desde o IES Perdouro, destácase o alto grao de empregabilidade destas ensinanzas e a importancia que para o ámbito laboral ten a incorporación destes profesionais, ao mesmo que lles trasladamos os parabéns pola súa recente titulación.
O festival terá lugar os próximos 1, 2, 3 e 4 de xullo na parroquia de Celeiro do concello costeiro, que volverá acoller este popular evento cultural centrado na música punk, metal e hardcore.
Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna ao monolito da Cadeira, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show, ou unha ruta turística. Ademais, houbo sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.



