A Mariña, 29 de Maio 2020. A portavoz nacional, Ana Pontón, desprazouse até o concello de Cervo na Mariña para manter un encontro cos alcaldes, alcaldesas e responsables políticos do BNG na comarca para analizar a situación da ALCOA , instando a unha mobilización social e institucional para evitar o peche da factoría de San Cribao.
“Cando está en xogo o futuro dunha comarca e centos de postos de traballo no país, non valen nin vacilacións, nin medias tintas, nin botar balóns fora, nin liortas partidistas, o que se necesita é unha solución inmediata que pasa pola intervención pública e pola nacionalización de ALCOA. Basta de excusas, a xente está farta de tanta retórica partidista”, salientou a líder do Bloque.
Pontón criticou que nin o Executivo central nin o galego aporten solucións, que o BNG si pon encima da mesa. “Desde aquí quero trasladar un compromiso claro: se o 12X os galegos e as galegas nos dan a responsabildidade de Goberno o primeiro reto no que traballaremos é a nacionalización desta factoría é posible por parte do Estado e da Xunta. Se Angela Merkel pode intervir Lutfhansa en Alemaña porque non ALCOA en Galiza?”, argumentou Pontón.
O goberno que aspira a liderar, recalcou, “é a garantía de que ese reto será unha prioridade de traballo” e, igualmente, de que se vai poñer punto final ao espolio enerxético do país e acabar co dislate de que unha Galiza que exporta electricidade teña centos de empregos en risco polo custe da factura enerxética. “Poñeremos en marcha unha tarifa eléctrica galega para ALCOA e para o resto das industrias electrointensivas”, subliñou.
A líder nacionalista lamentou a inacción do presidente da Xunta mesmo ante o peche anunciado dunha empresa que aporta o 30% do PIB da provincia de Lugo. “Onte ALCOA anunciaba o despedimento de 534 traballadores e traballadoras, que afecta tamén a 350 empregos nas auxiliares, é cal foi a resposta de Feixóo? Poñer un chío en twitter. Nin unha proposta, nin unha alternativa así non se solucionan os problemas do país por parte dun candidato popular que en dez anos na Xunta só fixo dúas aportacións: aplaudir un marco enerxético aprobado polo PP desde o Goberno do Estado ruinoso para Galiza, e vetar sistematicamente a tarifa eléctrica galega proposta polo BNG”.
En todo caso, reiterou, o que hoxe reclama toda a veciñanza da comarca da Mariña é unha solución con futuro “porque teñen o corazón nun puño”, por iso desde o BNG reclamamos ao Goberno do Estado e da Xunta “que se deixen de botar balóns fora, que se poñan na pel da xente e que aposten pola única solución posible: a institucionalización, porque a alternativa é clara, ou nacionalización de ALCOA ou peche, e o compromiso do Bloque pasa por darlle futuro a esta comarca”, concluíu.
Olalla Rodil, cabeza de lista por Lugo, amosou o apoio da formación nacionalista aos traballadores e traballadoras da factoría e comprometeu o apoio do Bloque “para dar a batalla en todas as frontes institucionais e tamén man a man co comité de empresa, porque non imos permitir que A Mariña caia”. Neste sentido, pediu a veciñanza “que se poñan en pé para defender o futuro dos seus fillos e da súas fillas, hai que dar a batalla que será dura”.
Pola súa parte, desde a representación nacionalista na Mariña a alcaldesa de Barreiros, Ana Hermida, denunciou a perda de tecido industrial na zona cunha destrución de emprego que non cesa nos últimos tempos ante a indiferenza das administracións competentes en Galiza e no Estado. “A Mariña debe ser un polo industrial e hoxe esta comarca está sen alternativa, non podemos permitir que caia ALCOA porque as consecuencias económicas e sociais serían inasumibles”, salientou a rexedora.




















O cambio resulta necesario porque a instalación das atraccións impide o paso dos camións de recollida por estes puntos. O contedor situado na Travesía Granxas trasladarase á avenida de Vilalba, mentres que o instalado na rúa Antonio Roca pasará á rúa Suasbarras. Ademais, o Concello reforzará a dotación de contedores no Campo da Festa e no Campo da Pascua, onde se colocarán máis unidades para atender o incremento de residuos previsto durante a celebración. Desde o Concello agradécese a comprensión á veciñanza polos cambios realizados e lémbrase a importancia de depositar os residuos nos contedores situados nas novas localizacións, co fin de facilitar o correcto funcionamento do servizo de recollida.
O alumnado de 2º curso das familias profesionais de Instalacións e Mantemento, Imaxe Persoal e Administración e Xestión remataron o curso e a súa formación en centros de traballo co que xa conseguiron a súa titulación como técnicos de grao medio ou grao superior para incorporarse ao mercado laboral. Desde o IES Perdouro, destácase o alto grao de empregabilidade destas ensinanzas e a importancia que para o ámbito laboral ten a incorporación destes profesionais, ao mesmo que lles trasladamos os parabéns pola súa recente titulación.
O festival terá lugar os próximos 1, 2, 3 e 4 de xullo na parroquia de Celeiro do concello costeiro, que volverá acoller este popular evento cultural centrado na música punk, metal e hardcore.
Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna ao monolito da Cadeira, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show, ou unha ruta turística. Ademais, houbo sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.



