Ribadeo, 2 de xuño de 2020. O Concello de Ribadeo asinou o novo contrato para o Servizo de Axuda no Fogar na modalidade de dependencia. Terá unha vixencia de tres anos e o importe ascende a 1.780.000 euros. Os usuarios e usuarias do SAF na modalidade de dependencia contarán nos seus domicilios cos servizos gratuítos de perruquería, podoloxía e fisioterapia, que son algunhas das melloras que inclúe o devandito contrato.
A concelleira de Servizos Sociais, Mónica Freire, explicou que “desde o Concello de Ribadeo vimos de asinar un novo contrato para a prestación do Servizo de Axuda no Fogar na modalidade de dependencia. É un contrato para os vindeiros tres anos cun importe total de máis de 1.780.000 euros. Isto foi posible grazas ao incremento do orzamento dedicado a este servizo porque a nosa intención, como goberno de Ribadeo, é converter os servizos sociais na pedra angular deste mandato dotando de dereitos á nosa veciñanza para atender axeitadamente as súas necesidades sociais”.
Freire Rancaño salientou que “este novo contrato contén importantes melloras no servizo con respecto ao que estábamos ofertando na actualidade de xeito que, a partir de agora, os usuarios e usuarias do SAF na modalidade de dependencia, comezarán a recibir novos servizos no seu domicilio de maneira gratuíta. Son perruquería, podoloxía e fisioterapia, que están incluídos neste novo contrato”.
A edil ribadense subliñou que “para nós, como goberno de Ribadeo, a sinatura deste contrato supón un fito moi importante porque cremos que será unha ferramenta de mellora na atención a un sector prioritario da nosa veciñanza. O noso Concello xa é unha referencia en toda a provincia, pola súa implicación e polo seu compromiso social, e nese sentido seguimos traballando. O obxectivo que perseguimos é dotar dun soporte ás persoas dependentes que aínda se fai máis importante nos tempos que vivimos actualmente”.
A empresa á que lle foi adxudicado o contrato é Servizos Sociais San Roque SL. Na actualidade son 55 persoas dependentes as que contan co SAF. Son 2.834 horas de servizo ao mes e 34.000 horas anuais. O contrato ten unha duración de dous anos con posibilidade dunha prórroga doutro máis.
Os usuarios e usuarias dependentes contarán agora, de xeito gratuíto, con servizo de perruquería que inclúe: lavado, corte, peiteado, tinguiduras, etc… do que tamén poderán dispoñer para ocasións especiais; afeitado; manicura: arranxo de uñas e cor.
No caso da podoloxía o servizo estará centrado en previr, diagnosticar e tratar as afeccións e deformidades dos pés, mediante procedementos terapéuticos. Este servizo, que será prestado por titulados universitarios colexiados, inclúe quiropodias e curas.
E haberá fisioterapia de mantemento, cardíaca, respiratoria e neurolóxica, ademais de tratamentos contra a dor.
Mónica Freire engadiu que “se trata de achegar servizos aos usuarios e usuarias, aos a súa situación de dependencia lles impedía acudir a unha perruquería ou a un podólogo, por exemplo”.
Na firma do contrato administrativo para a prestación do Servizo de Axuda no Fogar na modalidade de dependencia participaron ademais da concelleira de Servizos Sociais, o alcalde, Fernando Suárez, o secretario accidental do Concello, José Rodil, e Carmen González Cabrera, en representación da empresa adxudicataria.





















Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



