Madrid, 2 de xuño, 2020. O portavoz adxunto do Grupo Parlamentario Popular e senador por Lugo, José Manuel Barreiro, afirmou con rotundidade que “si la empresa ALCOA cierra, el auténtico y único responsable será el Gobierno del señor Sánchez, porque en dos años ustedes no han hecho nada”.
Así se expresou José Manuel Barreiro durante a súa intervención na sesión de control celebrada hoxe na Cámara Alta, onde preguntou á ministra de Industria, Reyes Maroto, pola crítica situación pola que atravesa a industria electrointensiva e, en particular, ALCOA, agravada nas últimas datas.
“¿Qué soluciones va a proponer el Gobierno para evitar el cierre de las instalaciones de ALCOA?”, le ha preguntado a la ministra, al tiempo que ha recriminado al Gobierno de Sánchez, “su falta de compromiso” con la situación particular de la empresa. ¿Qué le hemos hecho los gallegos a este Gobierno para que nos siga discriminando y nos siga maltratando?, preguntou.
O senador por Lugo dixo á ministra que “ustedes son los enterradores de ALCOA. Si la empresa se cierra serán los únicos responsables de que el problema haya llegado a esta situación, por su apatía, y su falta de proyecto industrial y de compromiso con el desarrollo industrial”, subliñou o senador popular.
O GOBERNO COÑECE DESDE HAI 2 ANOS A SITUACIÓN DE ALCOA
Barreiro lembrou á ministra que coñece, desde hai dous anos, a difícil situación pola que atravesa a industria electrointensiva en España e, moi en particular, a empresa ALCOA. “¿Qué han hecho en estos dos años?, ¿qué va a hacer el Gobierno para resolver esta situación? Ahora la situación es crítica, hay una amenaza de despido de unos 800 trabajadores”, denunciou Barreiro.
Segundo o portavoz adxunto do GPP, “no es creíble que el Gobierno, presidido por Sánchez, no haya sido capaz de sacar adelante un Estatuto para las empresas electrointensivas, un Estatuto que usted misma prometió en la propia fabrica a los trabajadores, a los representantes de la compañía y a la propia administración autonómica”, reprochoulle á ministra de Industria.
“Ustedes no han hecho nada en dos años. Sacan un borrador que no resuelve para nada el problema de ALCOA, porque no da solución al precio de la energía, un componente que supone más del 40% de los costes totales de esta compañía”, ha señalado. “Usted sabe que es la única solución pasa por abaratar el precio de la electricidad a las industrias electrointensivas para que puedan ser competitivas”, engadiu.
Ademais, Barreiro lembrou que o Ministerio de Industria aínda non deu resposta ás alegacións presentadas ao borrador de Estatuto, alegacións que foron acordadas entre o Goberno da Xunta de Galicia, o Principado de Asturias, Cantabria e os representantes de ALCOA.
Así, o senador do PP explicou que se presentaron alegacións a ese borrador de Estatuto, acordado entre o Goberno da Xunta, os representantes dos traballadores, o goberno de Asturias, de Cantabria, e aínda están pendentes de recibir resposta a esas alegacións.
Por último, José Manuel Barreiro resaltou que ALCOA “es la única fábrica productora de aluminio primario que existe en España, material estratégico que ustedes pretenden que desaparezca”.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



