Ribadeo, a 8 de xuño de 2020. O Grupo Municipal do Partido Popular de Ribadeo leva ao Pleno unha estratexia económica para os vindeiros anos. Será na sesión extraordinaria que se celebrará mañá a petición dos populares, e que estes solicitaron unha vez que o goberno local fixo caso omiso das propostas plantexadas por este Grupo o 20 e o 27 de marzo e o 15 de abril, co gallo do impacto económico que está a provocar a crise sanitaria do covid-19.
Nestes documentos propoñíanse accións socioeconómicas para actuar de maneira inmediata ante as consecuencias derivadas da pandemia e impulsar a actividade económica no termo municipal, outorgando liquidez ás empresas da vila para, contribuíndo a facilitar o cumprimento das súas obrigas empresariais, axudar ao mantemento da actividade e así acadar a debida protección do emprego.
Daniel Vega considera así que “é moi necesario” dispoñer dun proxecto que verdadeiramente impulse o tecido socioeconómico da vila, así como que a entidade local “sexa capaz” de optimizar os fondos recibidos doutras administracións como a Xunta ou a Deputación.
“Podemos empregar o Fondo de Cooperación Local (que foi incrementado pola Xunta nun 6,6% neste exercicio), o Plan Único e incluso xerar unha partida de recursos propios para esta finalidade (empregando a devolución de impostos municipais por parte da deputación ou calquera outro orzamento)”, apunta, ao tempo que defende que a concreción da estratexia a seguir debería xurdir dunha comisión público-privada que dera voz aos distintos sectores implicados.
A proposta dos populares ao detalle
A estratexia dos populares contempla as seguintes liñas de actuación:
1 Creación dunha comisión publico-privada que defina a extratexia a seguir.
2 Apoio a autónomos, pemes…a través dun gabinete técnico que asesore dende os puntos de vista financiero, xurídico, administrativo e fiscal en horario de mañá e tarde.
3 Axudas directas para persoas físicas e xurídicas con ou sen traballadores ao seu cargo cando a actividade que desenvolvan se tivese visto afectada polo peche de establecementos disposto no RD 465/2020 de 17 de marzo que modificou o artigo 10 do RD 463/2020 de 14 de marzo ou non sendo este o caso, que a actividade desenvolvida pola empresa sufra unha redución da súa facturación no mes anterior á solicitude desta subvención de polo menos o 50%, en relación coa media efectuada no semestre natural anterior á declaración do estado de alarma. Cando a persoa física ou xurídica non leve de alta os 6 meses naturais esixidos para acreditar a redución dos ingresos, a valoración levarase a cabo tendo en conta o período de actividade.
4 Axudas directas a aquelas persoas físicas, traballadores por conta allea que experimentaran unha merma nos seus ingresos a consecuencia de ser incluídos nun expediente de regulación temporal de emprego, ou tiveran a necesidade de solicitar excedencia ou redución de xornada para a atención de fillos menores de 12 anos aos que lles tivera afectado o peche dos centros educativos con motivo da crise sanitaria ocasionada polo Covid-19.
5 Adopción de acordos para o futuro:
Apoio e promoción do tecido empresarial de Ribadeo, coa creación dun portal web. Neste portal deben estar integrados o sector primario do concello e o comercio local respaldados por una rede loxística de reparto, así coma o sector servizos (hostelería, restauración, hospedería, ocio…).
Apoio ao emprendemento e a instalación de novas empresas cunha simplificación dos trámites, un forte asesoramento e medidas fiscais que favorezan a creación de novo tecido empresarial.
Reclamación ao Goberno central o IVE adeudado ao concello.
Esixencia a SEPES da redución do coste das parcelas do polígono industrial para favorecer a implantación de empresas.
Apoio á organización de actividades culturais, deportivas e lúdicas ao longo de todo o ano cunha planificación que, ao mesmo tempo que congrega aos ribadenses, atraia visitantes, desestacionalizando o turismo.

















Tras unha parada nas Pontes para contemplar o lago e lembrar o pasado industrial da zona, o grupo visitou Pontedeume, onde repasou a historia da liñaxe dos Andrade e percorreu unha vila chea de patrimonio e vitalidade. Pola tarde, no mosteiro de Sobrado dos Monxes, os participantes apreciaron o legado da orde do Císter e do barroco galego, e escoitaron parte dunha mostra de música coral. A entidade agradeceu as explicacións de Enrique Campos, secretario da ACFL, así como as achegas de Celia Castro sobre arquitectura medieval e a vida cisterciense.
A conselleira do Medio Rural acompañada polo director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asistiu este sábado á feira e festas das San Lucas.
A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.



