Madrid, 10 de xuño 2020. O deputado do Bloque Nacionalista Galego, Néstor Rego, vén de presentar unha Proposición non de Lei para a intervención de Alcoa e retornala ao ámbito público, nacionalizando a planta para así manter os postos de traballo e o futuro económico e social de toda a comarca da Mariña. “Nin o marco normativo galego, nin o do Estado, nin o da Unión Europea impiden a nacionalización de Alcoa; polo tanto, esta solución só necesita da vontade política das Administracións públicas, solución que permitiría preservar o emprego e salvar unha comarca enteira” salientou Néstor Rego.
Para alén das circunstancias conxunturais do mercado do aluminio, o principal problema que ameaza a viabilidade da empresa son os altos custos da enerxía eléctrica, que resulta imprescindíbel para a produción na planta de aluminio. O BNG ve urxente pór en marcha unha Tarifa Eléctrica Galega que abarate a enerxía para as empresas -facéndoas máis competitivas- e permita ás familias beneficiarse da riqueza enerxética do seu país. Esa será a única maneira estábel e duradeira de favorecer a viabilidade da industria galega. Rego explicou que “Galiza é un país exportador de enerxía eléctrica, que soportou os custos sociais e soporta aínda os ambientais desa produción, polo que sería de xustiza que en compensación o territorio galego puidese regular o seu propio marco enerxético e que o custo fose menor para os consumidores e para a nosa industria”.
Outras das medidas que poderían paliar a situación e que o BNG reclama nesta PNL é activar un Estatuto do Consumidor Electrointensivo realmente eficaz, un compromiso do Goberno español que aínda non cumpriu, que permitiría que factorías como Alcoa San Cibrao puidesen manter a súa actividade produtiva sen perdas económicas.



















Ocorreu escasos minutos despois das 15 horas deste domingo, e foron recollidos pola embarcación Salvamar Shaula, de Salvamento Marítimo. Atopábanse subidos a unha balsa inchable na praia de Basteira, na Pedra (Cariño), foron arrastrados pola corrente e eran incapaces de retornar á beira. Dúas persoas metéronse na auga tratando de rescatalos, sen éxito. Ao final, a embarcación de rescate de Salvamento Marítimo recolleu aos menores e levounos ilesos ata o porto de Cariño. Ademais de a Salvamento Marítimo, desde o 112 Galicia informouse ao Servizo de Gardacostas de Galicia e aos axentes da Garda Civil.
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.



