Ribadeo, 29 de xuño de 2020. Acisa Ribadeo estrea nova sede, situada na rúa San Roque, 57-baixo. Este traslado enmárcase no proxecto de renovación da asociación iniciado hai unhas semanas co cambio da imaxe corporativa.
O xerente de Acisa, Jesús Pérez, explica que “o novo local, máis amplo, permite á asociación ter unha oficina máis accesible para os usuarios, así como sala de reunión e un almacén de materiais máis grande. As novas instalacións, situadas nun lugar máis céntrico de Ribadeo, ofrecerán mellores servizos aos socios e permitirá amplialos de cara ao futuro”.
O presidente da asociación ribadense, Francisco Iriarte, sinala que “a nova sede de Acisa foi reformada por provedores locais asociados, seguindo co compromiso da asociación de comprar en empresas de Ribadeo, tanto a carpintería, a electricidade, a imaxe e todos os profesionais que foron necesarios para o acondicionamento das novas oficinas”.
Iriarte Quintana engade que “Acisa segue deste xeito no proceso de renovación, iniciado hai unhas semanas, tras o cambio de imaxe corporativa e do logotipo, mentres continúa a campaña de promoción Pensando en ti. En vindeiras datas lanzarase de forma definitiva a app Ribadeo, cerca de ti, que foi paralizada durante o estado de alarma, para que estea plenamente operativa e adaptada ás novas necesidades, tanto para veciños e veciñas como para visitantes.
Pérez Prada conta que “coa inauguración da nova sede, Acisa adapta os seus horarios e o de verán será de 10:00 a 14:00 horas, de luns a venres, ata o día 30 de setembro. O horario de inverno será de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas, de luns a venres. As canles de contacto, en horario de oficina, son a través dos números de teléfono 982 120 565 ou 663 39 62 26, e do mail info@acisaribadeo.es”.
Ampliacións horarias
O xerente de Acisa tamén comentou que “hoxe recibimos da Xunta de Galicia a resolución para a concesión da ampliación horaria para a hostalaría asociada a Acisa Ribadeo para o segundo semestre do ano. Os establecementos contarán cunha hora mais sobre o horario habitual para todas as madrugadas dos xoves, venres e sábados dos meses de xullo, agosto e setembro. Cabe destacar que en relación ao 2019, Acisa conseguiu que neste ano diferente, este permiso se estendera a todo o mes de setembro e aos xoves de verán, algo que o verán pasado non tiñamos. Cremos que pode ser unha ferramenta mais que proporciona a asociación para compensar, na medida das nosas posibilidades, as perdas destes meses”.
Dende Acisa Ribadeo recalcan o seu chamamento á prudencia e a cumprir as normas: “debemos ser prudentes e ser conscientes do que nos xogamos se non cumprimos as normas, tanto referidas á saúde coma á economía do sector e da nosa vila. Agora que saíron as normas para os bares de ocio nocturno, teñamos sentidiño, podemos pasalo ben e non poñernos en risco. Os establecementos coñecen xa as normas que hai que aplicar, e estamos seguros de que o farán, solo nos queda pedirlles aos seus clientes que tamén o fagan. Temos que protexernos polo ben de todos, do noso e dos demais. Se non queremos volver ao confinamento debemos actuar con responsabilidade nos bares, nas terrazas, nos pubs, en todos os locais hostaleiros. Debemos evitar as aglomeracións nos establecementos e tamén na rúa. Só así lle faremos fronte ao Covid-19”.
Pérez Prada tamén indicou que “a ampliación horaria tamén inclúe a ponte festiva do 12 de outubro, a do 1 de novembro e as do mes de decembro da Constitución e das festas de Nadal”.
O presidente de Acisa, Francisco Iriarte, rematou aclarando que “so se poden beneficiar desta ampliación os establecementos asociados a Acisa Ribadeo, por iso dende a asociación creemos que este é un servizo moi interesante e unha vantaxe mais para que outros hostaleiros se dean de alta na nosa asociación”. E subliñou que “esta ampliación é concedida pola Consellería de Presidencia da Xunta, tras un informe favorable do Concello de Ribadeo e da Comisión de Espectáculos Públicos e Actividades Recreativas de Galicia, e está amparado pola Lei 10/2017de espectáculos públicos e actividades recreativas e pola orde do 16 de xuño de 2005, onde se establece a posibilidade de solicitar ditas ampliacións pagando as correspondentes taxas. As forzas de seguridade están ao tanto dos establecementos asociados que se benefician das mesmas para evitar molestias e para velar polo cumprimento desta normativa.”






















Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
Subliñou o traballo colectivo, o papel do voluntariado e a participación de arredor de mil corredores. Tamén puxo en valor o impacto económico e social da proba e o apoio institucional que permite o seu crecemento, incluída a difusión en streaming que levou a CAMOVI e a Viveiro a todo o mundo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
Viveiro, 20 de abril, 2026. A proba volveu converter Viveiro nun punto destacado do deporte e da convivencia, ademais de supoñer un impulso económico para o municipio. María Loureiro destacou que a Camovi “é un exemplo de colaboración e esforzo colectivo, que sitúa Viveiro no mapa e dinamiza a economía local”. O Partido Socialista lembra o seu apoio histórico á carreira e reafirma o seu compromiso para seguir contribuíndo ao seu crecemento. O PSOE agradece tamén á veciñanza a súa acollida e implicación, fundamentais para que o evento continúe medrando ano tras ano.
Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"



