Ribadeo, 3 de xullo de 2020. O Concello de Ribadeo concederá axudas para a conciliación da vida laboral e familiar financiando o 50% do custe da hora das crianzas nas ludotecas. As familias beneficiarias deberán cumprir unha serie de requisitos como estar empadroados en Ribadeo, a existencia de motivos laborais, de formación ou de urxencias, así como que a renda da unidade familiar de convivencia non supere os 1.500 euros netos mensuais cun fillo a cargo ou 1.800 euros mensuais con dous ou máis fillos a cargo.
A concelleira de Igualdade, Mariluz Álvarez Lastra, explicou que “dende a Concellaría de Igualdade de Ribadeo queremos dar unha información que nos parece moi importante e moi relevante. Ao longo de toda esta tempada que vivimos do Covid-19, amosábamos a nosa preocupación polas dificultades de conciliación laboral e familiar das familias do concello de Ribadeo”.
A edil ribadense subliñou que “hoxe é un día no que estamos en disposición de anunciar que as nosas ludotecas municipais van proceder á súa apertura, algunha delas xa está e outras a partires do 6 de xullo coas debidas medidas de seguridade e hixiene”.
Álvarez Lastra dixo que “o Concello de Ribadeo, como xa anunciamos no seu momento, está en disposición de poder axudar a todas aquelas familias que teñan unhas rendas mensuais netas por fillo que non superen os 1.500 euros ou de dous ou máis fillos por valor de 1.800 euros, que estean empadroadas no noso concello. A axuda que se financia desde o Concello de Ribadeo é sufragar o 50% do gasto da hora nas ludotecas municipais”.
A concelleira sinalou que “as persoas interesadas deben, en primeiro lugar, achegarse á páxina web do noso Concello, tanto á páxina de Xuventude como á páxina do Centro de Información á Muller onde terán toda a información á súa disposición. Non obstante, para ter unha información máis directa ou para poder tramitar ese bono de conciliación, por un importe do 50% do custe da ludoteca a quen queira levar aos seus fillos, poden chamar ao Centro de Información á Muller ao 982 120 739 ou escribir un correo electrónico a cim@ribadeo.org, ou tamén chamar á Oficina de Información Xuvenil ao teléfono 982 129 889, ou mandar un correo electrónico a omix@ribadeo.org.”
A edil de Igualdade engadiu que “o Concello de Ribadeo, a partires de hoxe, pode facer a tramitación e pode elaborar os bonos de conciliación para aquelas axudas a asistencia á ludoteca municipal daquelas familias que o necesiten para conciliar a vida laboral e familiar, e tamén para a formación”.





















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



