Santiago de Compostela, 4 de xullo 2020. Ilusión, esperanza, orgullo e futuro foron as palabras elixidas pola da candidata á Presidencia, Ana Pontón, para pedir unha mobilización masiva nas urnas e para pedirlle a esa maioría social que ansía un cambio galego que concentre o seu voto no BNG. “Rompamos coa rutina e fagamos historia para que, por primeira vez na historia, Galiza teña unha muller nacionalista presidenta, liderando un goberno do BNG coas mans libres para defender a este país e a súa xente”, proclamou no mitin de Lugo.
“Quero dirixirme aos galegos e galegas que, votasen o que votasen noutros momentos, hoxe miran con esperaza ao BNG, quero dirixirme a todas as persoas que tendes ganas de abrir un tempo novo en Galiza cunha muller presidenta, cun Goberno que se faga valer, sen ataduras de ningún tipo, capaz de defender este país sen perdir permiso a ninguén. A todas vós quero dicirvos que é o momento de votar con orgullo, con ilusión e con esperanza en que imos construír unha nova Galiza, unha Galiza con futuro a partir do 12 de xullo”, proclamou Pontón facendo unha apelación directa ás persoas indecisas.
“Este é o momento de votar diferente, de facer historia, de que Galiza abra de un tempo novo, de que gañemos o futuro, de encher as urnas de cambio galego, é o momento de votar BNG!”, instou a candidata nacionalista á Presidencia, “non vós vou fallar, un goberno galego liderado polo BNG non lle vai fallar a este país porque temos un proxecto sólido, solvente, con principios e estratexia para erguer Galiza”, salientou a candidata nacionalista.
No mitin en Lugo, Pontón tivo palabras de alento e de confianza para as persoas da Mariña que están afectadas polo rebrote do virus, tanto as contaxiadas, -”ides ganar esa batalla”-, como para as máis de 600 persoas confinadas, e ofreceu “man tendida do BNG para colaborar en todo o que sexa necesario porque nada hai máis importante que a saúde das persoas”. E neste sentido, volveu preguntarlle ao candidato do PP onde está o protocolo da Xunta para actuar ante un rebrote e minimizar os seus efectos.
“Tivo catro meses para facer un protocolo, un plan de actuación contra os rebrotes, pero malgastou o tempo con comparecencias de propaganda e autobombo na RTVG”, criticou Pontón en referencia ao candidato do PP, a quen reprochou a súa “irresponsabilidade e frivolidade ante unha cuestión tan seria”. “Galiza merece moito máis que un presidente que se esconde cando hai problemas e cando a xente sofre, primeiro escondeuse detrás do mando único e agora pretende esconderse detrás dos concellos, -recriminou-, pero o 12 de xullo temos a oportunidade de darlle a este país unha presidenta que diga a verdade e que non escape dos problemas, unha presidenta dun goberno liderado polo BNG”.
E entre eses problemas que urxe abordar ten un lugar prioritario o mantemento da produción e do emprego en ALCOA-San Cibrao, unha cuestión vital para a Lugo e para o conxunto do país ante o que, de novo, Feixóo volve estar ausente. “Nin foi capaz de ir A Mariña e menos aínda de poñer unha proposta sobre a mesa”, recriminou, tras destacar que se o 12X ten o apoio dos e das galegas para liderar o goberno do país, “o 13X Sánchez ten sobre a mesa unha proposta de intervención de ALCOA indicando cal é o papel que vai xogar a Xunta e esixindo que concrete a aportación do Estado,tendo en conta os 140.000 M€ de fondos europeos”.
Cambiar o guión o 12X
Pontón ironizou sobre a “recuperación do turismo” que chega desde Madrid, en referencia ao desembarco desta fin de semana de todo tipo de cargos, presidentes e ex presidentes das forzas estatais “que veñen de reforzo”.
“Estannos facendo campaña polo BNG e dígovos porqué, -explicou-, porque están sentido o mesmo que nós, que neste país quen ten un proxecto de futuro para erguer Galiza e en quen cofían esa maioría social que quere cambio galego é o BNG, e por iso mandan os reforzos. Pero danos igual porque nós temos a forza da xente deste país”, proclamou, reprochando a sempiterna repetición do mesmo guión das forzas estatais: vir en campaña a pedir o voto para despois seguir coa mesma discriminación de sempre.
“A maneira de cambiar ese guión e cun Goberno coas mans libres como estamos vendo no Congreso, onde un deputado do BNG conseguiu máis para Galiza que once anos do candidato do PP e temos claro que, se Goberno do Estado asume as demandas deste país será porque o condiciona o BNG. E se cun só deputado fomos capaces de poñer Galiza no mapa, que non seremos capaces de facer cun goberno liderado polo BNG, imos facelo posible, imos facer historia cunha muller presidenta para que este país gane o seu futuro”, concluíu.
Pola súa parte, a cabeza de lista por Lugo, Olalla Rodil, destacou que na cita coas urnas só hai dúas dúas opcións: “unha Galiza marcha atrás que vai a menos como a que deixa o PP, que nesta provincia se traduce en incumprimentos, incumprimentos e máis incumprimentos; ou o cambio galego que representa Ana Pontón”.
Neste sentido, e tras once anos de goberno do candidato popular, “onde está o AVE que Feixoo prometeu en 2009, porque o único que vemos é que como Lugo perde o tren, como perdemos liñas, frecuencias; onde está o museo galaico-romano que prometeron para rehabilitar no cuartel de San Fernando; onde está o proxecto de rehabilitación da Tinería, onde está o desdobramento do corredor Lugo-Monforte e onde están todas as promesas que levamos escoitando ao longo desta década”, interpelaba Rodil.
“Temos inmensos recursos e talento para construír un futuro mellor, máis xusto, moderno e sustentable e se queremos logralo temos que votar BNG nestas eleccións porque o mellore exemplos de que temos un proxecto serio e con propostas está nesta cidade na que, só no primeiro anos de goberno municipal coa presenza do Bloque activamos esta cidade e comenzamos a construír un Lugo orgulloso que mira ao futuro con esperanza”, concluíu.





















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



