Lugo, 5 de xullo de 2020. O candidato número 2 do PSdeG-PSOE na provincia de Lugo, Luis Álvarez, anunciou hoxe que mobilizarán ata 500 millóns de euros para impulsar o sector turístico. Así o dixo tras realizar un paseo polo camiño primitivo ao seu paso pola cidade de Lugo acompañado de membros da candidatura socialista e concelleiras. Nun acto, co que percorreron dende a Catedral ata a Ponte Romana, e co que quixeron simbolizar os catro patrimonios mundiais da cidade como son a Muralla, o Camiño Primitivo a Catedral de Santa María e os muros a xunta seca no barrio do Carme.
Álvarez tamén fixo alusión ao Plan de reactivación dos sectores cultural e turístico, presentado polo PP e rexeitado pola maioría dos colectivos implicados.
“É necesario consensuar cos sectores cultural e turístico un auténtico plan de reactivación da súa actividade, paralizada a causa da pandemia da covid-19, fronte ao plan fracasado do PP”, advertiu. “Por iso hai que traballar lealmente co goberno de España, que si tomou medidas para dar solucións aos distintos sectores e para apoiar aos traballadores que perderon os seus empregos e aos autónomos que viron a súa actividade interrompida”.
“O 12X temos a oportunidade de cambiar as cousas e ter a seguridade de que España, ten na Xunta un aliado fronte aos retos e aos desafíos que veñen con Gonzalo Caballero como Presidente. A historia amosa que en Galicia só hai cambio cando o lidera o PsdeG”, insistiu o candidato.
Propostas
Así as cousas, Luis Álvarez puxo enriba da mesa as propostas do PSdeG-PSOE neste eido. “Realizaremos un novo programa de financiamento específico para o sector turístico, con duración até finais de 2021, que dispoña de 30 millóns de euros da Xunta de Galicia para mobilizar até 500 millóns de euros. Poremos en marcha un proceso dialogado cos axentes principais da cultura e da dinamización da lingua que contribúa a reactivar os sectores culturais, e que incluirá: Unha programación especial reforzada que recupere eventos aprazados durante o ano 2020 e poña a cultura ao alcance da cidadanía no conxunto do territorio, complementaria do Xacobeo 2021”, citou a modo de exemplo.
Tamén “haberá un Plan de Investimentos na rede turística propia, que permita a realización das reformas necesarias nos equipamentos turísticos da Xunta de Galicia. En particular, o estudo e realización de obras de mellora da Rede de Albergues do Camiño de Santiago. Crearáse unha rede de camiños coidados, definidos e sinalizados que figurarán recompilados nas preceptivas páxinas web e app móbil da propia Xunta onde se especificarán servizos para o visitante. De cara ao 2021, posta en marcha dunha campaña de promoción internacional do destino Galicia-Xacobeo, modulada en función das oportunidades abertas pola evolución da pandemia”.



















A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.



