A Mariña, 13 de xullo de 2020. Os presidentes da FCAM e da Mancomunidade de Concellos da Mariña mantiveron este mediodía un encontro en Foz co obxectivo de deseñar unha estratexia para a reactivación económica da comarca. José Carlos Paleo e Fran Cajoto consideran que a imaxe da costa lucense resultou altamente danada nos últimos días e apostan porque o turismo renove a confianza nun destino que carece de aglomeracións e no que a súa cidadanía está a facer vida na nova normalidade.
Para o presidente da FCAM, José Carlos Paleo, “temos que dar un paso adiante entre todos para poñer en valor á Mariña e non anular completamente parte dos eventos suspendidos senón que imos ver se podemos reactivar aqueles que poidamos facer, a través de xornadas na hostalería, e dar a coñecer nos medios e nas redes todo o posible a Costa lucense, que estivo danada días atrás e temos que poñernos en marcha de inmediato”.
O presidente da Federación de Comercio A Mariña dixo que “se trata de facer vida normal, adaptada ás circunstancias sanitarias que temos, que non son exclusivas da Mariña senón que son de todo o país e do resto do mundo. Estamos todos un pouco pillados nese sentido, pero facemos vida normal: igual que vamos a un supermercado, tomamos un café ou un xeado tamén temos que reactivar o comercio e a hostalería, recibir visitantes de fin de semana ou para a época vacacional, por días concretos ou por semanas; hai que volver a poñerse as pilas porque o verán acábase enseguida”.
Paleo considera que “non temos que inventar nada, témolo todo á man, pero cústanos poñer en valor moito máis o que temos, así nolo din os visitantes continuamente, cando están aquí. E ao mesmo tempo nós cando viaxamos observamos as riquezas que temos porque cando vamos aos sitios vemos o que hai”.
E engadiu: “desde a FCAM vamos reunirnos xa nas próximas horas por vídeo conferencia e poñerémonos en contacto coas diferentes administracións (Xunta de Galicia e Deputación Provincial), que sempre colaboran coa Federación de Comercio da Mariña durante todo o ano en distintas actividades e temos convenio con estas administracións para as diferentes campañas que se fan. E neste momento seguramente haxa que habilitar algunha partida especial para seguir adiante e reorganizarse neste sentido para potenciar un pouco máis, neste momento tan crítico en pleno xullo, cando hai que andar e non perder nin un día mais”.
O presidente da FCAM tivo palabras de agradecemento para Fran Cajoto: “porque atendeu a nosa chamada de inmediato e xa nos vimos este mediodía. Na FCAM estamos moi preocupados pola situación pola que están a atravesar a hostalería e o comercio e así llo fixemos saber ao presidente da Mancomunidade. O obxectivo é artellar unha estratexia urxente para desenvolver ao longo dos vindeiros días”.
Pola súa banda, Fran Cajoto explicou que “hoxe, como presidente da Mancomunidade, tiven unha xuntanza coa Federación de Comercio A Mariña, unha reunión moi necesaria debido á limitación dos desprazamentos e á mala imaxe que tivemos esta tempada na prensa nacional e en todos os medios, como a televisión, focalizando o confinamento da Mariña, que non é tal senón unha limitación de movementos. Isto provocou unha alarma e medo, que non debería haber senón respecto ao virus. E o que estamos vendo son números de venta moi baixos tanto no pequeno comercio como no sector da hostalería”.
O presidente da Mancomunidade sinalou que “sen enganar a ninguén simplemente hai que mostrar o que temos: grandes profesionais que traballan, que están a disposición dos clientes e uns comercios e unha hostalería de calidade nun lugar que non está masificado, como é a Costa de Lugo. Nese sentido acordamos iniciar unha campaña de marketing, enfocada sobre todo ás redes sociais, para que se visualice o bo que temos e como se están desenvolvendo aquí as medidas, como o uso de mascarillas, a disposición das mesas, etcétera, e como é un destino sen aglomeracións e como podemos traballar ben, con tranquilidade”.
Cajoto subliñou que “a idea é enfocar a imaxe da Mariña, recuperar ese pulo que íamos conseguindo e para o que o coronavirus resultou ser un auténtico mazazo. E aínda que non cheguemos, nin con moito, aos niveis do ano pasado polo menos permitir ese desafogo e que os comercios poidan respirar. Facémolo desde aquí, a FCAM e a Mancomunidade, pero desde logo que vamos pedir o apoio de todas as administracións para que tamén a través doutras iniciativas como xornadas gastronómicas de todo tipo na Mariña poidan aportar e entre todos melloremos, que é o principal”.





















A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.



