Lugo, a 14 de xullo de 2020. Os responsables institucionais teñen que saber poñer o interese común por enriba dos de partido ou dos intereses electorais. É algo que non soubo, ou non quixo, facer o alcalde de Foz, o socialista Francisco Cajoto, que, a xuízo do PP, danou seriamente a imaxe deste municipio ao utilizar electoralmente o brote de covid-19 na Mariña.
O portavoz municipal do PP en Foz (portavoz provincial dos populares), Javier Castiñeira, sinala: “O grupo municipal do Partido Popular cre ridícula, moi lamentable e sobre todo moi daniña para a imaxe de Foz, a actuación do alcalde nas últimas semanas con respecto ao brote de covid-19 na Mariña.e especialmente no concello de Foz. Os intereses electorais do señor Cajoto levárono a cometer un erro de principiante, un erro que está prexudicando a moitísimos comerciantes e hostaleiros: na época na que debemos coidar moito a imaxe do noso pobo, o alcalde dedicouse precisamente a facer o contrario: a danala creando alarmismo sanitario, que o máis grave que se pode facer nunha poboación”. Castiñeira acusa a Cajoto “de xogar cos intereses de moita xente que tiña, e aínda ten, a esperanza de que o verán, a pesar de ser atípico, puidera solventar os momentos críticos que pasamos con esta crise sanitaria que desencadea unha crise económica.
Para o portavoz dos populares, “as declaracións do alcalde son totalmente inoportunas, debidas única e exclusivamente a fins políticos e electorais; tratou de defender os intereses do PSOE por riba dos de comerciantes e hostaleiros, diante dos que agora tenta facer un lavado de imaxe”.
Castiñeira sinala: “O alcalde non cumpriu co seu deber, que é defender os intereses do pobo; dende o PP instamos a Cajoto a pedir perdón pola situación que creou. Sabemos que comerciantes e hostaleiros están moi enfadados por isto; sabemos que lle pediron un cambio de actitude e unha campaña para que retorne toda a xente que confía no noso pobo para disfrutar das súas vacacións, para vivir e para investir”. Castiñeira, di que, en resumo, o PP denuncia “a mala xestión neste caso e a manipulación que o alcalde intentou facer por motivos electorais da crise da covid-19 neste concello”.






















Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.



