Viveiro, 24 de xullo de 2020. Viveiro é unha cidade que ten no turismo unha das súas grandes fontes de ingresos. Este ano, como consecuencia da crise sanitaria, aproveitar o verán na medida do posible, e dentro das especiais circunstancias que vivimos, resulta especialmente necesario. Para elo é preciso poñer en xogo todos os recursos dispoñibles para rendibilizar as potencialidades da cidade. E a alcaldesa socialista e o seu equipo foron incapaces de adoptar as medidas necesarias para mellorar a imaxe de Viveiro, de tal maneira que o seu paseo marítimo sigue, e xa pasa de dous anos, nunhas condicións penosas. O portavoz municipal do PP, Óscar Rodríguez, di que só como froito dunha falta de xestión alarmante se pode entender que o paseo siga cheo de vallas porque o Concello foi incapaz de acometer as obras de consolidación necesarias.
Os populares teñen claro que o paseo marítimo de Viveiro é de competencia municipal. Polo tanto, é ao Concello ao que corresponde tomar as medidas oportunas para corrixir o afundimento que sofre ese paseo. Rodríguez sinala: “Viveiro non pode ter este paseo nestas condicións lamentables, que tristemente xa forman parte da imaxe da cidade, porque o problema existe dende hai anos e non se lle dá solución”.
No PP recordan que no seu momento presentaron unha pregunta no Concello e, na súa resposta, a alcaldesa confirmou que as primeiras vallas instaladas eran alugadas, pero recoñeceu que as utilizadas posteriormente as mercara o Concello. “Isto quere dicir que o goberno municipal non tiña e, polo que se ve, non ten intención ningunha de acometer o amaño do paseo marítimo”. En todo caso, e a vista da inacción municipal neste caso, o PP presentará outra pregunta na próxima sesión plenaria para que o goberno municipal, presidido por María Loureiro, aclare que pensa facer para resolver o problema e concrete cando e de que maneira.
Óscar Rodríguez deixa claro que “no PP non imos parar ata conseguir que o goberno municipal tome as medidas necesarias para que a fachada marítima de Viveiro recupere o seu aspecto e quede libre de vallas”. O portavoz popular aclara que “se o Concello non se sinte capaz de resolver o problema por si só, deberá buscar o apoio doutros organismos, pero o que non pode ser é que siga sen facer nada”.


















O Pazo de San Marcos acolleu a conferencia final, de Manuel Andrade Baliño, e a entrega de premios ás alumnas e alumnos que obtiveron mellores valoracións nas probas que realizaron, o xoves, individuais, na Facultade de Formación do Profesorado de Lugo, e o venres, por equipos, en Mondoñedo. A final do certame, cunha axenda complentaria que achegou ás rapazas e rapaces ao patrimonio e á cultura, celebrouse por primeira vez en Lugo da man da Asociación Galega de Profesorado de Matemáticas (Agapema) e coa colaboración da área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación.
Por este motivo, o Concello recomenda ás persoas, colectivos e entidades que precisen facer uso dalgunha instalación municipal ou solicitar material que presenten as súas peticións coa antelación necesaria. A medida permitirá organizar adecuadamente a atención das solicitudes e a planificación dos recursos municipais.
Dentro desta programación, o martes 30 de xuño ás 11:00 celebrarase na Casa da Cultura unha charla divulgativa impartida pola astrofísica Lucía González Cuesta, aberta a toda a veciñanza. A iniciativa enmárcase no programa provincial que busca ofrecer información rigorosa e garantir unha observación segura. Durante a xornada repartiranse folletos e gafas homologadas. A alcaldesa, Marta Rouco, destaca o carácter histórico do eclipse e anima a participar para vivilo con seguridade. O Concello lembra que só deben empregarse gafas específicas para mirar ao sol e continuará colaborando en actividades divulgativas e sociais arredor deste acontecemento único.
O obxectivo é facilitar que os mozos e mozas que o desexen poidan facer uso destas instalacións. A medida permitirá empregar o campo para a práctica deportiva e para a organización de partidos informais durante o período estival. Desde o Concello de Viveiro sublíñase a importancia de ofrecer espazos deportivos accesibles durante as vacacións de verán e de favorecer hábitos de lecer activo entre a mocidade.
A convocatoria foi realizada polo Concello para amosar a solidariedade de Ribadeo con esta catástrofe natural.
No evento participarán todas as seccións da escola, que amosarán o traballo desenvolvido ao longo do ano. A entidade adianta tamén que está a ultimar os preparativos da XL Feira do Bonito, da que ofrecerá máis información proximamente.
Renova o seu compromiso co club despois de facerse cargo do equipo a mediados da campaña pasada. O técnico pontenovés afrontará este novo ciclo con traballo, compromiso e ilusión para seguir liderando a nave celeste.



