Lugo, a 24 de xullo de 2020. A administración local asume competencias que atenden as necesidades dos cidadáns na maior parte dos ámbitos que inciden directamente na súa calidade de vida. Para superar a pasada crise económica, pedíuselles un esforzo que os concellos e deputacións, na súa maior parte, asumiron con rigor. A día de hoxe as entidades locais dispoñen de aforros (remanente) que precisan para atender as necesidades dos veciños no campo das súas competencias. Agora o Goberno presidido polo socialista Pedro Sánchez intenta meter a man na bolsa dos aforros municipais e provinciais. O grupo provincial do PP, que ten por portavoz a Javier Castiñeira, oponse rotundamente a que concellos e deputacións se vexan privados de usar o aforro conseguido para mellorar a calidade de vida dos seus veciños e instan aos socialistas a expresar a súa oposición ao Goberno de Pedro Sánchez. Castiñeira anuncia: “Estaremos absolutamente en contra de que o Goberno saquee as contas das entidades locais e así o faremos na Deputación de Lugo e en todos os concellos da provincia”.
Castiñeira sinala: “Queremos mostrar a nosa absoluta desconformidade coa intención do Goberno central de facerse cos aforros das entidades locais; entendemos que é un ataque a autonomía local que o Goberno do Estado intente paliar a súa nefasta política económica e de prebendas electorais saqueando as arcas de concellos e deputacións. As entidades locais fixeron o seu traballo nestes últimos anos, con moitísimo esforzo, ao amparo da Ley de Sostenibilidad Financiera deseñada polo Goberno de Rajoy, e conseguiron xerar aforros que son moi necesarios opara afrontar os próximos anos de crise”.
O portavoz popular tamén declara: “Os aforros dos concellos e deputacións son necesarios para poder cumprir os compromisos cos nosos veciños. No que se refire á Deputación, é un exemplo clarísimo: se o Goberno central leva adiante a súa intención, quedarían en dúbida diferentes actuacións que dependen do remanente, como é o Plan Único, que o próximo martes se aprobará definitivamente; finánciase con 11 millóns, practicamente a metade do seu importe, a cargo do remanente, dos aforros de anos anteriores, que van directamente aos concellos lucenses”. Engade: “Se en exercicios sucesivos a Deputación de Lugo non pode usar o remanente estaría en dúbida o Plan Único para os próximos anos, e tamén a construción de varias das residencias previstas; sabemos que parte delas se financian con eses aforros”.
Castiñeira apunta a que os propios socialistas temen que se leve a cabo a medida apuntada polo Goberno e que algúns xa tomaron disposicións para intentar salvar os aforros. O portavoz provincial do PP di: “Chama a atención que o presidente Tomé, como alcalde de Monforte, ante estas informacións, o primeiro que fixo foi salvar o remanente, que dedicou a un plan de axuda a afectados pola covid, comprometendo diferentes inversións. Algo presinte o presidente Tomé cando no seu Concello toma esta decisión”.


















Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
A clientela aproveitou esta cita para facerse con artigos de tempada a prezos moi interesantes. É a segunda vez neste mes de agosto que se celebrou o Comercio na Rúa en Ribadeo. Para a organización desta campaña Acisa contou coa colaboración do Concello de Ribadeo, Comercio Galego e Xunta de Galicia.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.



