Lugo, 26 de xullo de 2020. O Grupo Socialista na Deputación de Lugo defenderá o vindeiro martes no Pleno da Corporación provincial unha moción na que reclama a participación das administracións locais na xestión dos fondos europeos para a dixitalización “co fin de saldar as carencias históricas da provincia”. Así o anunciou hoxe a voceira do PSdeG na Deputación, Pilar García Porto, que lembrou que o pasado 21 de xullo, acordáronse medidas económicas para loitar contra os efectos da crise económica xerada pola covid-19, que supoñen un investimento de 750.000 millóns de euros, 390.000 deles en axudas directas.
A Deputada sinala que “no caso dos fondos que vaian destinados á dixitalización e melloras en infraestruturas tecnolóxicas, reclamamos que teñan en conta as carencias históricas da provincia de Lugo e se empreguen para dotala dunha rede de telefonía móbil que garanta a cobertura total do territorio. Unha rede que teña capacidade para dar servizo cos actuais criterios de transmisión de voz e datos, e deseñada para incorporar melloras como o 5G e outros avances semellantes no futuro”.
Deste xeito, afirma que, “actualmente, os concellos de Galicia están a facer un esforzo económico importante, xa que no só detectan as zonas de cobertura deficiente ou inexistente, e poñen a disposición do Amtega as parcelas nas que instalar as antenas, senón que pagan hasta 30.000 euros pola acometida eléctrica necesaria para instalar cada unha delas. Entendemos que a nova achega de fondos europeos ten que permitir reformular esta situación para liberar ás facendas locais de seguir asumindo o custo dunha infraestrutura básica que a Xunta comprometeuse a implementar coa aprobación da Lei 3/2013 de impulso e ordenación das infraestruturas de telecomunicacións de Galicia”.
Coa normativa enriba da mesa, os socialistas denuncian que a “Xunta incumpre o seu propio ordenamento legal, xa que moitos veciños e veciñas teñen aínda problemas para establecer comunicacións de voz mediante telefonía móbil, o que supón unha discriminación social, unha contribución á perda do emprego e o despoboamento, e un risco para a saúde, ante os problemas de acceder ó servizo de emerxencias cando non se está na casa, a carón dun teléfono fixo. E a Xunta, en lugar de poñer os medios para a solución destas deficiencias, carga nas facendas locais o custo dunha infraestrutura básica”, subliñou Pilar García Porto.
Por todo isto, o Grupo Provincial Socialista reitera o seu compromiso coa dotación de servizos básicos para o conxunto da poboación e coa necesidade de contar cunha rede de telefonía móbil e datos de calidade e que dea servizo ó conxunto do territorio da provincia.
O PSdeG propón os seguintes acordos:
•Solicitar ó Goberno de España que os fondos europeos destinados á dixitalización que se van transferir ás comunidades autónomas vaian condicionados tendo en conta ás entidades locais, é dicir, ás Deputacións e ós concellos.
•Instar á Xunta de Galicia a que distribúa os fondos europeos de dixitalización tendo en conta as necesidades dos territorios que aínda non contan con cobertura, ou nos que é claramente insuficiente, garantindo un servizo de calidade e uniforme para o conxunto do territorio galego e unha rede de telefonía móbil completa para a totalidade da provincia de Lugo.

























Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.
O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



