Lugo, 30 de xullo de 2020. A Deputación de Lugo contribúe a reactivar a economía da Mariña a través dunha nova App para a promoción turística, Turisgalicia A Mariña, unha guía dixital que permite un acceso rápido e sinxelo a información clara, útil e actualizada sobre recursos patrimoniais, hostalería, rutas, actividades ou eventos de interese para visitantes e residentes da comarca.
O Presidente da institución provincial, José Tomé Roca, xunto á Deputada de Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, e os alcaldes, alcaldesas e representantes municipais dos 16 concellos da Mariña, presentou este xoves xunto á praia do Portelo, en Burela, esta iniciativa, a primeira e única aplicación para dispositivos móbiles que promociona en conxunto o turismo de todos os municipios mariñanos con información turística, recursos e servizos de utilidade, tanto para persoas viaxeiras que visiten o norte da provincia de Lugo, como para a veciñanza.
A nova App de turismo da Mariña contén eventos, experiencias para desfrutar da comarca, rutas, festivais, lugares para visitar, praias e portos deportivos, negocios de hostalaría para comer e durmir, entre outros recursos. Tamén ofrece propostas turísticas relacionadas coa artesanía, espazos pet friendly para o público que viaxa con mascotas e información para peregrinos do Camiño do Norte e do Camiño do Mar.
O Presidente da Deputación subliñou que esta ferramenta dixital de promoción turística da Mariña que impulsa a institución provincial “é unha aposta concreta para incentivar o turismo na Mariña e, deste xeito, contribuír a recuperar a actividade económica e o emprego da comarca” ante os “desastrosos efectos que tivo para o turismo, a hostalería e o comercio o confinamento e o rebrote do coronavirus”.
José Tomé lembrou que, precisamente nesta liña de contribuír a reactivar a actividade turística, hostaleira e comercial dunha maneira estable e eficaz “vimos traballando dende a Deputación de Lugo dende antes de acabar o Estado de Alarma poñendo en marcha a campaña EN LUGO, SI, que proxecta todos os valores e fortalezas que ten a provincia como lugar seguro, de confianza, de calidade e de oportunidades para comprar, consumir, o lecer, para pasar as vacacións, e tamén para emprender”.
Actualización diaria
Os contidos da App actualizaranse diariamente con novos eventos culturais e información dos 16 concellos da Mariña: A Pontenova, Alfoz, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Lourenzá, Mondoñedo, O Valadouro, O Vicedo, Ourol, Ribadeo, Riotorto, Trabada, Viveiro e Xove. Tamén inclúe os folletos promocionais das oficinas municipais de información turística para que os visitantes podan consultalos no seu móbil e eviten manipular papeis e previr a Covid-19.
A App Turisgalicia A Mariña ofrece ademais un servizo de información de utilidade para os concellos e os veciños, xa que integra un sistema de alta de avisos por WhatsApp a través do cal calquera persoa pode recibir voluntariamente, no seu móbil, mensaxes coas novidades municipais, avisos e eventos do concello sobre o que elixa obter información.
A App que está dispoñible en castelán e galego, e pódese descargar en dispositivos android e apple.
Tomé Roca remarcou a necesidade ter a nosa oferta turística nas redes sociais: “Temos que levar as nosas paisaxes e monumentos á pantalla do móbil. Temos que facer accesible a información polos medios que hoxe emprega a maior parte da poboación, sobre todo os máis novos. E temos que reclamar unha cobertura de redes que garanta que a consulta de información a través do móbil non dependa da ubicación do usuario”.
“O acceso rápido e sinxelo a información clara, útil, actualizada, que interrelaciona hostalería, rutas, monumentos, actividades ou eventos, é hoxe unha ferramenta indispensable”, asegurou o Presidente, ademais de subliñar que “o turismo sostible, de calidade, non masificado, tense que dar a coñecer nas canles xerais, globais, aínda que pareza contraditorio, porque o recurso á tecnoloxía non lle fai perder o seu carácter, senón que lle permite asentarse como alternativa viable”.
“Necesitamos manter o fluxo de turistas e visitantes na Mariña para darnos a coñecer. Para que falen da Mariña no resto de Galicia, de España e polo mundo adiante. Porque da man do turismo increméntase o coñecemento, e nun mundo globalizado, o coñecemento é a primeira ferramenta para atraer investimentos”, afirmou José Tomé.
Difusión e promoción da App
Para dar a coñecer a App Turisgalicia A Mariña, divulgarase en canles dixitais, redes sociais e internet e distribuirase información sobre ela cun código QR en hoteis, restaurantes e oficinas de turismo dos concellos da Mariña. Tamén haberá folletos informativos en albergues ao longo de todo o Camiño Norte, que abrangue máis de 800 quilómetros, dende Hondarribia ata Santiago. Difundirase tamén en medios de comunicacións e estará visible en 5 vallas publicitarias da Mariña nas localidades de Foz, Burela, Ribadeo, Viveiro e Barreiros e presentarase en feiras e encontros de turismo.





















A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



