Lugo, 30 de xullo, 2020. O presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo (Apehl), Cheché Real, despois da decisión da Consellería de Sanidade de prohibir polo momento a apertura dos locais de ocio nocturno da comarca da Mariña, pon de manifesto a súa “inquedanza e incerteza sobre o futuro destes establecementos coas restricións que se lles aplican”.
Así mesmo, desde a Apehl pedimos que, dentro da categorización de ocio nocturno, se diferencie a aqueles hostaleiros sobradamente preparados e dispostos a respectar as normativas, restricións e medidas hixiénico-sanitarias a prol de evitar novos rebrotes da covid-19 de aqueles establecementos que incumpren os horarios e o resto de medidas.
“Desde a Apehl estamos en contacto coa Xunta de Galicia e queremos propoñer unha reunión coas distintas administracións, autonómica, provincial e locais, xunto con membros da propia Asociación en representación do ocio nocturno da Mariña para tratar as inquedanzas do sector, que xa levan cinco meses pechados e aos que lles é practicamente imposible manter un negocio nestas circunstancias ”, apunta Real.
