No muro do peirao xa se pode ver o inicio das creacións dos participantes. Os 9 artistas finalistas seguirán a pintar durante toda a xornada de hoxe, venres, e a de mañá, sábado, en horario de dez da mañá a nove da noite. Será o domingo cando se coñeza o nome dos gañadores. Haberá un primeiro, un segundo e un terceiro premios, e tamén saberemos quen é mellor artista local dos tres mariñáns que están a participar na cita deste 2020.
