Lugo, 31 de xullo de 2020. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, e o Alcalde de Mondoñedo, Manuel Ángel Otero Lugilde, asinaron este venres na Sala de Xuntas do Pazo de San Marcos un convenio de colaboración para acondicionar o Miradoiro de Paredóns da localidade e mellorar os seus accesos. A institución provincial concédelle para estes fins á administración local mindoniense unha axuda de 150.000 euros, repartida entre este ano e o vindeiro 2021.
Con esta achega económica da Deputación vanse mellorar os accesos ao Miradoiro dende o Campo dos Paxariños, ampliando a vía e repoñendo o firme, que será dotado dun novo pavimento de aglomerado en quente nos últimos tramos do acceso. Tamén se vai acondicionar con zahorra o camiño que une este edificio directamente con Mondoñedo, que agora mesmo se atopa inaccesible.
No propio edificio do Miradoiro está previsto realizar unha limpeza exterior dos muros e pintar de novo con pinturas á cal. Ademais, faranse reparacións puntuais das carpinterías exteriores que se atopan en mal estado para garantir a seguridade de acceso ao edificio. Así mesmo, vanse acondicionar os peches de protección de desniveis mediante reparación e reposición de elementos deteriorados por outros semellantes aos existentes con tratamentos de superficie.
A institución provincial cedeulle ao Concello de Mondoñedo este edificio para que realice os usos que considere oportunos para sacarlle a máxima rendibilidade social posible. Tomé Roca fixo efectivo o acordo de cesión deste inmoble este venres, ao entregarlle ao Alcalde de Mondoñedo as chaves do edificio e formalizando en escritura pública esta transmisión.
A Deputación realizou unha primeira fase do proxecto ao abeiro dun obradoiro de emprego no que traballaron 20 persoas realizando a reconstrución do edificio. Durante ese período leváronse a cabo labores de acondicionamento interior, retirouse o mobiliario e os elementos deteriorados para repoñelos por outros novos, e tamén se actuou sobre os muros exteriores. Así mesmo, mellorouse a zona de aparcadoiro e a zona de acceso peonil.




















José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 15 brigadas, 16 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



