Santiago de Compostela, 4 de Agosto 2020. O BNG rexeita o acordo ao que chegou onte a FEMP e o Ministerio de Hacienda que lle permite ao Goberno do Estado quedarse co remanente dos concellos e das deputacións galegas que suma arredor de 1.300 millóns de euros, unha contía moi importante que as administracións locais consideran máis necesaria que nunca para poder atender a unha veciñanza afectada de cheo pola crise da COVID19.
Neste sentido, a formación que lidera Ana Pontón pide a derrogación inmediata da Lei Montoro, -e toda a lexislación posterior que impide aos concellos dispoñer dos seus aforros-, que o Goberno de Pedro Sánchez lonxe de finiquitar está utilizando como coartada para apropiarse dos recursos dos concellos para financiarse, nunha especie de mundo ao revés, no que en lugar de chegar fondos do Estado aos concellos para reactivación económica e social son estes os que actúan como unha especie de “banca” de Madrid.
“En realidade estamos ante unha utilización descarada da Lei Montoro para apropiarse do remante das administracións locais”, salienta Carme da Silva, responsable da área de Municipal da Executiva nacional, “con esta actuación o Goberno central usa a lexislación do PP en lugar de abolila nun novo exercicio de centralismo madrileño que penaliza a uns municipios galegos que xa son discriminados co actual modelo de financiamento pois reciben 50 € menos por habitante fronte a media estatal”.
Unha crítica na que incide o portavoz do BNG ante a FEGAMP, o rexedor de San Sadurniño, Secundino García: “o acordo non vai ao fondo da cuestión que é a derrogación da Lei Montoro que impide aos concellos utilizar o seu superávit e o seu remanente para atender ás necesidades da súa veciñanza”. E tamén deixa claro que debe ser esta entidade e non a estatal a que fixe a posición das administracións locais do país.
“É fundamental modificar a Lei de Facendas Locais porque estamos infrafinanciados, pero non podemos permitir que a defensa dos nosos intereses caia en mans da FEMP senón que ten que ser asumida directamente pola FEGAMP ante o Estado porque é a nosa lexitima representación e porque os concellos galegos temos unha singularidade propia determinada pola maneira de asentarse no territorio, o envellecemento, a dispersión todos eles son criterios que deben ser tidos en conta. Non vale unha proposta uniforme”, explicou García.
O BNG confía en que o acordo aprobado onte non sexa validado polo Congreso porque considera que, dunha vez por todas, as administración locais teñen que poder dispoñer dos seus aforros para poder utilizalos en beneficio da súa cidadanía en aquelas cuestións que en cada caso se consideren prioritarias, máxime nun contexto de crise económica e social. Esa será a posición do Bloque tanto na FEGAMP como ante a Cámara baixa.


















A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.
O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



