Nota de Prensa
O BNG DE FOZ INDIGNADO POLO LAMENTABLE ESTADO DA ESTRADA DA COSTA
“O Estado non inviste en seguridade vial nin siquera o 10% do que recauda en Galiza en multas”
Foz, 5 de maio de 2010.- O BNG de Foz, a través do seu portavoz González Basanta, volve a reiterar a súa indignación polo estado no que está a estrada estatal 642 ao seu polo concello. En numerosas ocasión o BNG xa ten denunciado publicamente dito estado desde hai meses, particularmente nalgúns tramos como o da Espiñeira e Mañente, a recta entre Nois e Fazouro ou parte da circunvalación do casco urbano. […]
A brigada de obras de Fomento a raíz daquelas denuncias estiveron tapando os socavóns máis sobresalientes con chapapote que en opinión do BNG non son máis que parches e un gasto inútil posto que esta non supón ningunha solución empeorando a situación na maioría dos casos. No mes pasado aprobouse unha moción instando ao Ministerio de Fomento para resolva o problema e poña esta estrada en condicións posto que tal como está supón un perigo constante que pode provocar a rotura dos veículos cando non accidentes graves. Como exemplo desta situación podemos ver como na costa de Mañente ninguén vai polo carril lento polo mal estado no que se atopa ou noutros tramos os coches van esquivando os baches. A esto hai que engadir a falta de visibilidade pola falta de iluminación e tamén a ausencia de pintura marcando o vial co que o risco acentúase de noite.
O BNG de Foz quere denunciar e manifestar a discriminación da nosa vila e da nosa comarca por parte dun organismo estatal como é a Demarcación de Carreteras que tradicionalmente abandonou as estradas da costa de Lugo sen adicarlle un só euro cando é Galiza unha das comunidades onde por exemplo máis recauda por multas. Só dicir que en anos pasados a inversión non chegaba ao 10% do todo o recaudado que está sobre os 30 millóns de euros. E esiximos polo tanto que aumente a inversión no mantemento das nosas estradas para que situacións como as actuais non se repitan.




















Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



