Viveiro, 12 de agosto de 2020. A Policía Local de Viveiro, en cumprimento das medidas de inspección e control establecidas na Resolución do 12 de xuño da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, e modificada pola Resolución do 17 de xullo, levantou o pasado fin de semana un total de 13 actas de denuncia por consumo de alcol nas vías, parques ou espazos públicos, 1 acta de denuncia por non usar a máscara estando obrigado a iso, e 1 acta de denuncia contra un establecemento por exercer a actividade de terraza unha hora máis tarde do horario de peche permitido.
As infraccións localizáronse en zonas como o Parque Pernas Peón, lugar no que a Policía Local desaloxou a varios grupos de mozos facendo ‘botellón’, así como na Praia de Covas, no cal esta función faise máis dificil debido a que ao decatarse da presenza da policía, os mozos dispérsanse pola praia.
Son medidas levadas a cabo froito da intensificación dos labores de vixilancia da Policía Local de Viveiro durante a fin de semana pasada, e que se farán extensivas á próxima fin de semana do 14 ao 16 de agosto, xa que a pesar de suspenderse as festas, a policía quere anticiparse a posibles acontecementos como aglomeracións de mozos e mozas facendo botellón.
Reforzaranse os servizos incrementando o número de patrullas, para dar unha maior cobertura ao municipio, especialmente a aquelas zonas máis frecuentadas, incluído o Casco Antigo de Viveiro.
Desde o Concello de Viveiro, co seguimento diario no descenso de casos de contaxios e no intento de que a situación siga mellorando, requírese que se garden todas as medidas de seguridade posibles (distanciamentos, uso de máscara, cumprimento dos aforos permitidos, etc.).
Ante a previsión dunha próxima fin de semana de moita afluencia de visitantes no municipio, coa colaboración da Policía Local e da Policía Nacional, o traballo do concello continuará sendo exhaustivo en canto ao control e cumprimento das medidas establecidas por Sanidade, insistindo en que por parte dos establecementos esíxase o cumprimento das medidas de seguridade, así como que se respecten por parte dos usuarios co fin de minimizar o risco de contagios con garantía de seguridade e saúde.
Desde a Policía Local e a Alcaldía quérese facer un recordatorio aos mozos, nestas datas, de que actúen con responsabilidade, sobre todo en obrigacións como o uso da máscara, o distanciamento social e en prohibicións como o consumo de alcol na vía ou lugares públicos.



















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



