CERVO .- O Concello de Cervo firmou un convenio cos propietarios dunha finca duns 1.800 metros cadrados, situada na marxe esquerda da ría de San Ciprián, para situar neles as instalacións onde se construirá a réplica do “Paca Gómez”.
Nota de Prensa
O CONCELLO FIRMA UN CONVENIO COS PROPIETARIOS DUNHA FINCA PARA SITUAR NELES AS INSTALACIÓNS ONDE SE CONSTRUIRÁ A RÉPLICA DO “PACA GÓMEZ”
* A cesión destes terreos é de xeito gratuíto e terá unha vixencia de cinco anos
* O equipo de Goberno promoverá unha homenaxe ao finado pai da familia propietaria deste solar pola súa cooperación amosada co concello non so nesta iniciativa, se non tamén noutras ocasións
Cervo, 6 Maio de 2010.- O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, anunciou no día de hoxe a firma dun convenio entre o Concello e e os propietarios dunha finca duns 1.800 metros cadrados situada na marxe esquerda da ría de San Ciprián co obxecto de que o Concello poda dispoñer deles para poñelos a disposición de Portos de Galicia e que este organismo dependente da Consellería do Mar ubique neles as instalacións para os traballos de construción dunha réplica da goleta “Paca Gómez, embarcación tradicionalmente vinculada coa vila de San Ciprián.
A cesión destes terreos ao Concello por parte dos seus propietarios (dona Blanca García Montenegro e os seus fillos Blanca, Diego e Antonio Cora García) é de xeito totalmente gratuíto e terá unha vixencia de cinco anos. O alcalde cervense agradeceu publicamente a boa disposición destes propietarios en colaborar co devandito proxecto, “porque puxeron tódalas facilidades da súa parte para que San Ciprián poda recuperar un dos principais sinais de identidade da súa ría: a construción artesanal de barcos” indicou Villares.
Tamén salientou o apoio de Portos de Galicia e da Consellería do Mar neste ambicioso proxecto, o cal permitirá a San Ciprián albergar a construción por vez primeira en Galicia nos últimos cen anos dunha embarcación destas características con métodos artesanais. “Estamos convencidos de que a fabricación desta goleta producirá un efecto xerador de emprego, ao tempo que promoverá unha actividade que está en fase de extinción como é a carpintería de ribeira, e ao mesmo tempo será tamén un compromiso coa riqueza cultural de Galicia, da Mariña e de San Ciprián” sinalou o mandatario local.
Homenaxe
Villares adiantou tamén que o equipo de Goberno local ten a intención de promover unha homenaxe á familia Cora-García pola súa cooperación co concello, “non só no que atinxe á cesión destes terreos para que se constrúa neles o novo ‘Paca Gómez’, se non tamén por outras facilidades e colaboracións coas que ao longo do tempo nos ten demostrado esta familia o seu amor e a súa vinculación con San Ciprián” recalcou o mandatario local.
A idea do grupo de Goberno local é materializar este xesto de agradecemento nun recoñecemento público da persoa do finado don Purificación Cora Paradela, esposo e pai respectivamente desta familia mediante unha homenaxe que consistiría na colocación dunha escultura na súa memoria nun lugar do terreo que esta familia xa cedeu no seu día para a construción do paseo da ría de Lieiro. “Para isto temos previsto facer xestións diante do servizo provincial de Costas para conseguir o seu patrocinio nesta iniciativa, e estamos seguros que esta petición nosa será ben recibida por parte deste organismo estatal” asegurou o alcalde.





















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



