Lugo, 24 de agosto de 2020. A Consellería de Economía, Emprego e Industria apoia 28 de proxectos de 24 pemes lucenses dentro da primeira convocatoria para este ano do programa ReAcciona para mellorar a competitividade das empresas. As achegas suman 110.100 euros e permitirán mobilizar investimentos por importe de 135.000 euros.
Os beneficiarios accederán a servizos de alto valor engadido co apoio de expertos en ámbitos como a reorganización estratéxica e operativa dos seus negocios, a profesionalización, a dixitalización e, como novidade este ano, a innovación.
No que respecta á distribución territorial, 10 empresas están situadas en Lugo capital, catro en Vilalba, dúas en Guitiriz e Ribadeo respectivamente, e o resto en Castroverde, O Vicedo, Palas de Rei, Portomarín, A Pontenova e Sober.
No conxunto de Galicia aprobáronse máis de 262 proxectos, entre os que destacan os apoios destinados á optimización da produción e cadea loxística; a preparación de procesos certificables; o asesoramento para o relanzamento comercial; o deseño de estratexias de márketing de contidos e o apoio das tecnoloxías da información e a comunicación para a adopción de xestión empresarial en mobilidade; ou o asesoramento para o financiamento da innovación e o deseño e lanzamento de produtos e servizos innovadores. Tamén se prestarán servizos de asesoramento para o relanzamento comercial, plans de mellora empresarial, xestión financeira ou análise do potencial competitivo, entre outros.
Por sectores, un 35% dos servizos aprobados desenvolveranse no sector servizos; un 25% na industria, un 24% no comercio e a hostelería, un 11% na construción e un 4% no ámbito do transporte e comunicacións.
Nova convocatoria
As pequenas e medianas empresas que desexen participar no programa ReAcciona, que busca achegar as respostas que precisa o tecido empresarial no novo contexto da covid-19, poden solicitalo a través das diferentes convocatorias previstas ata final de ano. Así, nestes momentos está en marcha unha segunda convocatoria que estará aberta ata o 17 de setembro. Posteriormente abriranse outras dúas: do 21 de setembro ao 5 de novembro e do 9 de novembro ao 28 de decembro.
Na iniciativa colaboran a Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e a Axencia Galega de Innovación (Gain) e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), e conta co cofinanciamento do programa operativo Feder Galicia 2014-2020. O programa ReAcciona, que conta nesta edición cun orzamento de 4,2 millóns de euros, enmárcase no Igape Responde, unha ferramenta que busca reforzar os servizos de acompañamento aos colectivos empresariais máis vulnerables ante a actual situación.




















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



