A Pontenova, 7 de setembro de 2020. A Secretaria Provincial do PSdeG-PSOE na provincia de Lugo e Deputada Autonómica, Patricia Otero insta ao Goberno de Feijoo a garantir unha correcta atención primaria no concello de A Pontenova, cubrindo as prazas do persoal médico cando estes se atopen de baixa ou de vacacións.
Otero, acompañada do Alcalde da Pontenova, Darío Campos anunciou no centro de saúde desta vila, que rexistrou unha batería de iniciativas parlamentarias para reclamar á Xunta maior persoal para este centro sanitario. No acto tamén estiveron presentes os concelleiros Francisco Martínez e Isabel Couto.
A Deputada Autonómica advirte na súa iniciativa que “nos últimos tempos na Pontenova hai unha tendencia a reducir o número de persoal que atende o centro de saúde, aproveitando baixas e xubilacións que deixan sen cubrir. Este é o caso do número de facultativos médicos, que pasou de 3 a 2 pola xubilación dun deles no ano 2018 e que a Xunta de Galicia se nega a repoñer, ou do paso de 2 a 1 profesional PSX. Estes recortes producen maior saturación tanto na atención médica como na organización do centro. O PAC de referencia para A Pontenova é o do concello de Meira, que en días como o sábado pola mañá ten unicamente un ATS que ten que atender tanto ao PAC como á atención domiciliaria”.
Así as cousas sinala que “o correcto funcionamento do centro de saúde é indispensable, pois é un concello de poboación moi dispersa e envellecida, con máis dun terzo da poboación por riba dos 65 anos, onde os pacientes xa contan cunhas patoloxías previas que precisan de maior atención e máis tempo de consultas. Estas características condicionan a necesidade dunha atención próxima e áxil, que precisa de maiores medios humanos para non saturar as necesidades sobre os profesionais restantes no centro. Os e as veciñas do rural merecen tamén uns servizos públicos de calidade”.
Otero denuncia que “durante varias semanas dos meses de xullo e agosto o Centro de Saúde da Pontenova só contou cun médico, xa que o outro atopábase de baixa e o goberno de Feijóo non cubriu esta praza. Un só médico non chega para tender aos 2300 veciños e veciñas da Pontenova, e máxime na época estival na que a poboación deste concello medra”.
A secretaria provincial remarca que “o fortalecemento da atención primaria faise se cabe máis necesaria na situación que estamos a atravesar derivada da pandemia xerada pola COVID-19. Sen embargo, estamos a ver que o goberno do PP opta na Provincia de Lugo polo peche de centros de saúde ou pola non cobertura de baixas dos profesionais sanitarios da atención primaria”, lamentou.
Denuncias do persoal sanitario e dos veciños
O Alcalde da Pontenova lembra ademais que “esta situación lamentable está a ser denunciada pola veciñanza, e tamén polo propio persoal sanitario do centro de saúde, que están recollendo sinaturas para denunciar esta situación de abandono, e para que a veciñanza da Pontenova poida ser atendida con tódalas garantías médicas”.
“Estamos diante dun problema moi grave, que afecta directamente a poboación moi maior, que vive no rural, e que en moitas ocasións non teñen medios económicos para poder desprazarse a outros concellos para ser atendidos. A atención primaria ten que ser unha prioridade para calquera goberno”, resumiu Campos Conde.


















Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



