Ribadeo, 10 de setembro de 2020. O alcalde, Fernando Suárez, explicou que o equipo de goberno xa explorou hai tempo a posibilidade de modificar temporalmente as licencias de actividade dos pubs e demais locais de ocio nocturno, pero a medida non prosperou polos impedimentos manifestados desde a Consellería de Presidencia da Xunta. O rexedor engade que en troques se está a suxerir a posibilidade de tramitar do xeito máis áxil expedientes de Declaración responsable/Comunicación previa para mudar a actividade actual a Café-Bar ou Cafetería. Una vez superada a pandemia ou no momento que se considere oportuno podería solicitarse o cambio para a actividade anterior. Suárez Barcia apunta que, se a Xunta mudase de opinión e admitise eses cambios temporais, o Concello de Ribadeo non tería ningún problema en adoptar os acordos correspondentes para darlles cobertura, tal e como xa tentou no mes de xullo. Deste xeito responde o alcalde á proposta realizada desde o Grupo Municipal Popular.
Suárez Barcia declarou que “como contestación franca e sincera a este escrito que nos manda o PP sobre a posibilidade de que o Concello poida regular o horario dos pubs, hai que ter en conta que a situación para estes establecementos é complexa, sabémolo desde hai meses. Eles o que piden, ademais de boa fe e a nosoutros parécenos correcto, é que se cumpren os aforos dos bares, se cumpren os horarios dos bares e se cumpren o nivel de ruídos e decibelios dos bares, poidan abrir como os bares aínda que sigan sendo pubs”.
O rexedor dixo que “de toda esta circunstancia hai meses, en xullo, xa lle trasladamos á Xunta de Galicia unha posibilidade de que o Concello de Ribadeo puidera facer unha interpretación da norma autonómica para poder facer isto. Pero despois de varias veces de ter que insistir en que a Xunta nos contestara, remoloneou un pouco e finalmente contestou dicindo que non o vía ben, que non era correcto e que o procedemento ten que ser que se alguén ten unha categoría e quere baixar de categoría debe facer o cambio administrativo pertinente, e se logo quere volver subir de categoría debe facer o cambio administrativo pertinente. Polo tanto esa proposta que tíñamos feita en Ribadeo, xa desde hai meses, quedou desbaratada pola negativa da Xunta de Galicia”.
O alcalde sinala que “a día de hoxe unha persoa que teña un pub ten dúas posibilidades, ou ben que poida pedir a categoría de bar, cousa que pode facer a través dunha declaración responsable, podendo posteriormente, cando a situación do Covid desapareza ou cando cambie esta situación, pedir unha nova categoría de pub, é certo que isto sempre conleva trámites e recursos económicos. A outra posibilidade é que a Xunta modifique as normativas para que os Concellos poidamos permitir isto, tal e como a Xunta xa está modificando as porcentaxes de aforo nos locais, está modificando as limitacións horarias ou tamén pode modificar os niveis de ruído máximo”.
Fernando Suárez manifesta que “sabemos que son momentos complexos para todos e que todo o mundo quere axudar. Outra cousa é cando se practica o oportunismo político pedíndolle ao Concello que regule aspectos que por competencia non ten senón que son da Xunta, e este tipo de cinismo político desde logo non vai con nós e temos que dicilo de maneira sincera”.



















A Deputada de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira, participou este sábado na inauguración, onde destacou o valor desta iniciativa que leva “máis de vinte anos unindo ás persoas arredor do coñecemento, da experiencia compartida e do orgullo polo rural”.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



