Dos anos 70 cara a adiante, cada vez de xeito máis intenso, o proceso de castelanización da nosa sociedade, nomeadamente da nosa mocidade, emprendeu unha senda imparábel. Os datos están aí. Son esmagadores. Con todo, hai unha novidade. Máis que nunca, a xente está capacitada para poder falar, ler e escribir en galego como non o estivera ata o de agora.
Nesa constante sangría cara ao castelán danse, porén, algunhas situacións ben paradoxais. Cando a profesión implica o uso do galego hai persoas que, sendo castelanfalantes, cambian ao galego. Hainas que mesmo o asumen como a súa lingua de uso na profesión e en boa parte de actos sociais. Outra cousa é o ámbito familiar onde, se este fora orixinariamente castelanfalante, dito hábito resultaba máis difícil mudalo.
Entre os funcionarios da administración, ou no mundo da docencia, da medicina, ou do xornalismo, podemos atopar casos de cambio cara ao galego. Houbo quen téndoo asumido como lingua vehicular no ensino, posteriormente atopouse en situacións nas que tiñan que usar o castelán a nivel profesional (traslado, intercambios, etc.) e decatábase do interiorizado que tiña o uso do galego. Nada que non poida remediar un pequeno esforzo inicial e o costume do día a día. No caso dos profesionais da medicina que foron exercer a Portugal houbo quen acabaron mudando a súa percepción do galego. Notaron a vantaxe que tiñan para aprender o portugués con respecto a outros compañeiros e compañeiras descoñecedores do galego. Mágoa ter que abandonar o páis para valorar o propio. Pero nunca é tarde se a dita é boa.
Neste contexto de neofalantes cómpre chamarmos a atención sobre un feito. Tal e como antes ibamos dibujar ghaviotas á playa, agora se dibuxan gaivota en a praia. Non se trata de adoptarmos unha actitude purista converténdonos en correctores implacábeis. Cando comezamos co inglés (e xa sei que a comparación non é do todo válida) o que máis e o que menos guos drauin sigals in de bich. Probabelmente se desde un primeiro momento non nos deixaran respirar acabariamos abandonando. Iso si: se quixeramos traballar nun medio de comunicación, ou facer teatro por exemplo, de seguro que non nos había de valer a escusa do fanatismo purista do asesor lingüístico, nin tampouco aquilo de que sempre falamos inglés así e ben que nos fixemos entender.
Sigo a ter en mente a aquelas persoas que ao longo dos anos oitenta e noventa foron rexeitados por ter acento galego cando se puxo en marcha e se foron desenvolvendo os medios de comunicación galegos. E logo que fonética ían usar? Outra cuestión é que coa progresiva urbanización da nosa sociedade e, coa máis que desexábel incorporación do galego a ámbitos urbanos e de profesións liberais alleos ao uso da nosa lingua, se poidan ir configurando outros rexistros dialectais diferentes aos habidos ata o de agora. Pero que sigamos a padecer algunhas intervencións nos nosos medios de comunicación por parte de algúns xornalistas dos que se supón a súa profesionalidade, é inadmisíbel.
(PD) Todos, falantes de vello e neofalantes temos sempre algo que aprender. Sen obsesionarnos, con frescura. Pero sempre haberá unha palabra nova que levar ao noso vocabulario, ou algún refrán que coñecer. Dicía Xurxo Souto que Carlos O Xestal lía o dicionario e tamén ía ás mallas e outros traballos comunitarios para descubrir novas verbas. Fagamos o mesmo. Abramos as nosas mentes a todo canto poida mellorar o noso uso cotián do galego. Pero fagámolo sen estridencias, coa humildade de quen mostra que está máis disposto a aprender e a compartir que a ensinar aos demais.



















“O concerto queda posposto para outro domingo no que Toxo Guayaba nos poida acompañar. Iremos informando”, explican desde a organización.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.



