Lugo, a 14 de setembro de 2020.- A presidenta provincial, Elena Candia, e en nome de todo o PP de Lugo, celebra que, finalmente, o Goberno suspendese a regra de gasto para 2020. A este respecto, a responsable dos populares na provincia, que en días pasados se manifestou moi crítica con este asunto, indica que “gañou o municipalismo”.
Por este motivo, Candia agarda que o presidente da Federación Española de Municipios e Provincias e alcalde de Vigo, Abel Caballero, “se centre máis en defender aos Concellos, xa que neste asunto todos os partidos estivemos dacordo e só se manifestou en contra o PSOE”. Por tanto, conclúe: “se hoxe os Concellos se senten máis aliviados é pola presión do PP”.
Os populares lucenses consideran que a suspensión é “algo xusto”, destacando que neste tema “sempre fomos moi contundentes”. A través de diversas manifestacións públicas, tanto a presidenta provincial -que é perfecta coñecedora da administración local debido ás súas responsabilidades no Concello de Mondoñedo-, como alcaldes e deputados e senadores, expresaron o seu rexeitamento á convalidación do Real Decreto 27/2020, do 4 de agosto, que pretendía que os Concellos cedese o seu remanente de tesourería ao ministerio de Facenda.
Así, pediron que se deixase sen efecto e que se deslindasen os fondos adicionais que se lle deberían de conceder aos Concellos e Deputacións, da cesión do diñeiro xestionado de maneira eficiente polas entidades locais. E é que considera Candia, de prosperar racharíase, ademais, por primeira vez, un consenso histórico ignorando a autonomía municipal.
O PSOE só se preocupa de Sánchez
Por este motivo, a máxima mandataria dos populares de Lugo reproba publicamente que os socialistas da provincia non apoiasen o acordo. “Quedou claro que entre Pedro Sánchez e Lugo, os socialistas sempre van elixir a Sánchez”, sentencia.



















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
Subliñou o traballo colectivo, o papel do voluntariado e a participación de arredor de mil corredores. Tamén puxo en valor o impacto económico e social da proba e o apoio institucional que permite o seu crecemento, incluída a difusión en streaming que levou a CAMOVI e a Viveiro a todo o mundo.



