Burela, 16 de setembro de 2020. Comezou en Burela a Semana Europea da Mobilidade que ten programadas diversas actividades ata o 22 de setembro.
Hoxe houbo dúas charlas sobre Educación Vial, impartidas por persoal da DXT, para alumnos de 4º de Primaria nos CEIP Virxe do Carme e Vista Alegre.
E mañá, xoves, o Concello continuará coa súa campaña Garda os teus contactos, co fin de previr os contaxios de covid, en diferentes rúas da vila.
O venres, día 18, será o obradoiro de xabóns
O 19 entre as 10:30 e 13:30 horas desenvolverase a ruta xeolóxica Monte Castelo e para participar será necesario inscribirse. Ás 11:00 horas haberá un obradoiro de cartón na Biblioteca Municipal, onde previamente terán que anotarse as persoas interesadas.
O 20 de setembro de 8:00 a 20:00 horas a rúa Rosalía de Castro permanecerá cortada ao tráfico entre as interseccións das rúas Eijo Garay e Curros Enríquez. E ás 18:00 horas, no Auditorio Municipal, haberá cine infantil.
O Concello de Burela lembra que as actividades de educación vial, programadas para o día 21 e 22, que ían celebrarse no IES Perdouro, terán que aprazarse debido a que se retrasa o comezo do curso. A charla de Educación Vial e o taller de Stop Accidentes están dirixidos a alumn@s da ESO e celebraranse en vindeiras datas.
Ademais, durante toda a Semana Europea da Mobilidade, o Concello de Burela organiza un concurso de selfies no Instagram da Concellería de Medio Ambiente, baixo o lema Por unha mobilidade sen emisións. Entre todos os selfies que se suban sortearase unha cea, valorada en 100 euros, nun local de Burela.
Tamén durante a SEM haberá un sistema gratuíto de préstamo de bicicletas eléctricas, na Praza do Concello, que funcionará de 10:00 a 13:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas.
























Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



