Nota de Prensa
Juan Jose Martín Álvarez autorizou o reforzo urxente do cadro de persoal do Instituto de Medicina Legal de Galicia (IMELGA) cun novo médico forense que prestará o seus servizos no centro hospitalario mariñán
O DIRECTOR XERAL DE XUSTIZA CONFIRMA AO DEPUTADO POPULAR JOSE MANUEL BALSIERO QUE NO HOSPITAL DA COSTA VOLVERÁN A REALIZARSE AUTOPSIAS DESDE O 14 DE MAIO
* Cúmprese así un compromiso acadado polo Partido Popular de Galicia e polos novos responsables do Goberno galego para restablecer este servizo, despois de dar solución ao problema co que se atoparon: a lista de contratación deste persoal levaba sete anos baleira o que imposibilitaba a substitución dos médicos que causaron baixa en Burela e Monforte.
Santiago, 11 de maio de 2010.- O director xeral de Xustiza, Juan José Martín Álvarez confirmou ao deputado popular Jose Manuel Balseiro Orol que as autopsias volverán a realizarse desde o 14 de maio no Hospital da Costa de Burela. Con este obxecto, o alto cargo do Goberno autonómico autorizou o reforzo urxente do cadro de persoal do Instituto de Medicina Legal de Galicia (IMELGA) coa incorporación dun novo médico forense que prestará os seus servizos cada vez que sexa requirido para elo no centro hospitalario mariñán.
O novo Goberno de Galicia cumpre así un compromiso acadado polo Partido Popular de Galicia e polo propio director xeral de Xustiza quen, en resposta a unha iniciativa parlamentaria do deputado popular Jose Manuel Balseiro Orol, xa adiantou que antes de que rematase o mes de maio tanto nos hospitais de Burela como no de Monforte volverían a realizarse autopsias.
LISTA DE CONTRATACIÓN
O procedemento seguido para a cobertura deste servizo, que ata o momento se estaba a realizar exclusivamente nas instalacións que o IMELGA ten na cidade de Lugo –aínda que cun horario ampliado para evitar demoras- foi a través da bolsa de contratación creada polos novos responsables da administración autonómica, un instrumento dirixido a paliar a falta de facultativos especialistas de medicina legal que quixeran traballar nos hospitais de Burela e Monforte. Cómpre lembrar que ata este momento, a lista de cobertura de médicos forenses interinos levaba sete anos baleira, polo que era imposible proceder á substitución dos facultativos que causaron baixa en ambos hospitais lucenses. Os novos responsables da Xunta de Galicia deron solución a este problema posibilitando esta boa nova para a comarca mariñá.
COHERENCIA NO DISCURSO
Balseiro salientou finamente que “nós fixémonos eco deste compromiso cando eramos oposición, e seguimos a reclamar o mesmo agora que o PP ten a responsabilidade de Goberno en Galicia”. O deputado popular foi garante da recuperación deste servizo que, a partir do vindeiro venres, xa será realidade. A boa nova confirmouse nunha xuntanza mantida no día de hoxe e na que participou o propio deputado Balseiro, o director xeral de Xustiza e a Delegada Territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias.




















Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



