Ribadeo, 7 de outubro de 2020. A Concellaría de Cultura ven de presentar a axenda para o último trimestre do ano na que haberá teatro, jazz, danza, concertos da Banda de Música Municipal de Ribadeo e espectáculos para os máis pequenos e pequenas. Este domingo, 11 de outubro, ás 20:00 horas no auditorio municipal, terá lugar a representación de Juguetes rotos, protagonizada por Kike Güaza e o televisivo Nacho Guerreros.
A concelleira de Cultura en Ribadeo, Pilar Otero, dixo que “como noutras ocasións, desde que vivimos esta situación sanitaria, volvemos falar do seguros que están a ser os espazos culturais, e que se buscamos facer unha vida o máis normal posible, ir ao teatro, ao cine ou a un concerto, ou levar aos nenos e ás nenas aos espectáculos pode formar parte perfectamente desa nova vida que agora temos. Iso si, cumprindo sempre coas medidas de seguridade e atendendo ás indicacións dos técnicos responsables”.
A edil subliñou que “como sempre, as propostas da nosa axenda buscan antes ca nada que o público saia comentando a calidade do espectáculo e o ben que o pasaron. Iniciamos este ano a colaboración co programa Platea do Ministerio de Cultura. Este próximo domingo, día 11, ás oito da tarde no auditorio municipal veremos Juguetes rotos, con dramaturxia e dirección de Carolina Román. Esta peza está protagonizada por Kike Güaza e o coñecido actor televisivo Nacho Guerreros, que imos poder ver nunha faceta profesional moi diferente da que estamos afeitos”.
Otero Cabarcos seguiu a relatare que “a través de Platea temos tamén a impactante Mathaussen. La voz de mi abuelo, de Trajín Teatro. Co humor, a narración oral, o clown, o monólogo dunha multipersonaxe, unha actriz volve aos campos de concentración a través dos ollos dun prisioneiro español”. Iso será o 1 de novembro.
A responsable de Cultura en Ribadeo anunciou que “hai ademais dous espectáculos para público familiar. Un de danza, coa fantástica Blowing, de Mucab Dans, e outra de novo circo Esencial, de Vaivén Circo, compañía que obtivo o Premio Nacional desta arte escénica en 2016. Para o público adulto Teatro da Ramboia representa O meu mundo non é deste reino, peza gañadora do premio Manuel María de proxectos teatrais en 2018. Trátase dunha adaptación da Farsa de Bululú, de Manuel María, unha parodia da ditadura franquista”.
A concelleira ribadense comentou que “seguimos atendendo moi especialmente aos eventos para nenas e nenos, e así completamos a oferta anterior con espectáculos que reunimos no proxecto Apego. Mircromina Teatro de Títeres e o seu espectáculo Gyrovagus; unha das formacións preferidas do público infantil, Mamá Cabra, que xa nas vacacións de Nadal trae A Fraga do meu avó. Seguindo coa oferta para as crianzas, queremos a partir de agora darlle máis estabilidade á danza, aproveitando que temos unha materia na nosa Escola Municipal de Música e Danza, que goza de moita aceptación. Así, coa asociación Cara a Unha Escena Plural poñemos en marcha un programa de colaboración que supón un exercicio didáctico para as nenas e os nenos arredor dunha obra de danza, que desta vez é A soidade de Wally da compañía Elahood”.
Pilar Otero sinalou que que “tamén contamos cunha proposta cinematográfica que se coorganiza coa Agrupación Cultural Francisco Lanza, Reboiras, acción e corazón, de Alberte Mera. En 2020, cando se fan os corenta e cinco anos do seu asasinato Reboiras, acción e corazón leva á pantalla un retrato deste mozo galego construído desde a vertente humana e política. Unha oportunidade para termos outra ollada sobre a época da transición no noso país. Como xa fixemos anteriormente con outros filmes, organizamos a proxección da película nos cines comerciais de Ribadeo, neste caso o 22 de novembro ás oito e media”.
A edil nacionalista engadiu que “na nosa axenda están dous concertos da Banda de Música Municipal de Ribadeo, o de Santa Cilla e o de Aquí como en Viena, que serán o 21 de novembro e o 27 de decembro, respectivamente. E outros dous que agrupamos baixo o nome Dúas Noites de Jazz, un o venres 16 e outro o sábado 17 de outubro. Pablo Sanmamede Trío é unha formación sobradamente coñecida que comeza a funcionar no 2015. Presenta un repertorio integrado por unha maioría de composicións propias e tamén revisitacións de compositores no que mesturan jazz con outras músicas. Pola súa banda, Rafa Fernández trae A cara bonita da pedra, un traballo homoxéneo e ambiental. A través de pequenas composicións, sons acústicos e eléctricos converxen describindo unha paisaxe sonora que cautiva ao público dende o primeiro minuto”.
E lembrou que “de todos estes eventos haberá información puntual e semanal na páxina de Facebook de Cultura Ribadeo, e tamén a través do noso boletín de cultura semanal”.




















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



